A Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa que dará comezo o mércores no litoral da Coruña e Lugo

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espérase mar combinada do noroeste con ondas entre 5 e 6 metros, podendo acadar os 7 metros no noroeste, oeste e suroeste da provincia da Coruña e no litoral lucense.
Recórdase á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia