Galiza Nova cumprirá este 2018 30 anos de traballo a prol dos dereitos da mocidade

Alberte Fernández, Secretario Xeral de Galiza Nova, salientou o feito de ser unha organización que leva tres décadas de traballo político público ininterrompido, sendo referentes en loitas coma a dada en contra do servizo militar español, na defensa da terra sendo parte activa do movemento Nunca Máis, ou pola liberdade das mozas galegas creando unha Asemblea de Mulleres, organismo de carácter autónomo para o desenvolvemento da liña política no eido feminista, feito pioneiro no seu momento.
Remarcou asemade a importancia deste aniversario por ser unha organización xuvenil, o que provoca unha renovación constante da súa militancia, e por manterse durante estes 30 anos cunha ampla implantación en todo o territorio galego e que “Isto só foi posíbel grazas ao incansábel traballo de centos de mozas e mozos que participaron de Galiza Nova, sendo de moi diferentes xeracións, mais tendo en común o soño de transformar Galiza e convertela nun país no que a xente nova poidamos vivir dignamente.
Finalmente anunciou que “a Dirección Nacional xa está traballar no lanzamento dunha campaña que terá lugar durante todo o 2018 e que se desenvolverá en todo o País para conmemorar a fundación da organización, por en valor o traballo destes 30 anos e ao mesmo tempo tamén celebrar”.
Gabinete de Comunicación del BNG