Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A economía ao servizo da xente, a renda básica universal e o territorio centran a axenda de En Marea na primeira semana do novo ano

Economía para a xente. Baixo esa máxima o voceiro de En Marea Luís Villares, acompañado pola concelleira de Igualdade e Diversidade da Marea Atlántica Rocío Fraga, o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia Antón Arias, a experta en Igualdade e Relacións Laborais de CCOO Mabel Pérez Simal e o voceiro de En Marea Luís Villares. O emprego, o benestar e os servizos sociais, as políticas de igualdade, como transformar crecemento en desenvolvemento e o papel das infraestruturas na economía do país serán os eixos temáticos que se tratarán co obxectivo de avanzar en políticas económicas que deixen de estar divorciadas dos problemas da xente e pasen a ser axentes de igualdade e a xustiza social. Será o xoves 11 de xaneiro ás 19.45h no Salón de Actos da ONCE, no Cantón Grande da Coruña, e estará moderado polo voceiro de Economía de En Marea, o deputado Manuel Lago.

A xornada do sábado virá marcada pola celebración dun debate sobre Renda Básica Universal como dereito cidadán perante a crecente pobreza e desigualdade. A traballadora social Isabel Cribeiro, o economista Xabier Davila, a educadora social Eva López e o economista e parlamentario de En Marea Manuel Lago farán achegas sobre esta medida que garante un ingreso mínimo a todas as persoas, nestes tempos nos que traballar non é suficiente para sobrevivir. O coloquio será presentado e moderado pola deputada de En Marea e responsable da área de Políticas Sociais de En Marea, Paula V. Verao e terá lugar no local de En Marea, na rúa Santiago de Guayaquil, de Compostela este sábado ás 10h.

En Marea tamén continúa esta semana extendendo territorialmente o necesario debate Alternativa para un Territorio Vivo. Neste caso cun encontro comarcal de Pontevedra, que terá lugar o sábado na Casa da Cultura de Ponte Caldelas a partir das 11h. Partindo da reflexión sobre o sistema de emerxencias e extinción de lumes forestais, coa participación de Isabel Torres, membro do Colectivo A Rente o Chan e Davide Rodríguez, deputado de En Marea e bombeiro forestal, a segunda mesa versará sobre as causas do abandono da terra e as saídas para valorizar o monte, coas voces de Claudio Quintillán, técnico de Explotacións Forestais , Xosé Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega das Comunidades de Montes e Víctor Álvarez, técnico da Consellería de Medio Rural. Finalmente, o xeógrafo Xosé Constela, o voceiro de En Marea Luís Villares e a deputada Paula Quinteiro darán conta das iniativas de En Marea para un territorio vivo. Moderará o debate José Manuel Cal, da Comunidade de Montes de Chaín (Ponte Caldelas).

Pechará a axenda de En Marea esta intensa semana a constitución de En Marea Mondoñedo nun acto que terá lugar este sábado 13 na Casa das Mañas ás 18h.
Gabinete de Comunicación de En Marea