Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

En Marea presenta unha proposición de Lei para a transferencia da AP-9

“Presentamos unha PL sobre a transferencia da AP-9 porque o obxectivo é actuar políticamente contra a o espolio descarado e ilegal por uns gobernos que sirven a intereses privados, contra a falta de respeto á cidadanía galega e ao seu parlamento”, sinalou o deputado Antón Sánchez. A parlamentaria de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, agarda que non chegue “un novo veto” contra esta PL, como xa pasou coa do Parlamento galego.

“No momento no que o Goberno vetou a iniciativa do Parlamento presentamos un recursos de inconstitucionalidade e agora imos directamente como grupo a presentar esta PL para superar o veto”, explicou Fernández.

“O feito deste veto é evitar lexislar, coloca de facto a AUDASA ao marxe do control democrático, algo moi grave”, denunciou a deputada, que considera que o PP segue tomando decisións en favor dos intereses de AUDASA, porque “xa van catro subidas de peaxes neste ano”.

“Subiranse as peaxes da AP-9, mais do dobre que a media do Estado. Engordarán aínda máis este enorme negocio. Esta privatización, o convenio de ampliación en Rande, entrada en Santiago, é un roubo legalizado e unha forma de gobernar corrupta que cómpre desterrar”, enfatizou Sánchez, que lembrou que todo este roubo “estano pagando os galegos e galegas, mentras Feijóo mira para outro lado”.

Ante esta situación, ambos parlamentarios concordaron en que En Marea presenta esta PL para “demandar solucións, as que non quere plantexar o PP, que segue paralizado para protexer os intereses de AUDASA”. “Cómpre tranferir a AP-9. Pedimos o estudo da viavilidade da reversión, co obxectivo de que sexa unha autopista libre de peaxes. Polo tanto, sumamos forzas con esta acción a unha reclamación unánime no noso país, que é o fin da estafa coa AP-9”, concluiron.

En Marea tamén rexistrou dúas PNL para o seu debate na Comisión de Fomento e Facenda para eliminar os privilexios fiscais ás concesionarias das autopistas como Audasa. “AUDASA goza da exención do pago do 95% de IBI, paganso só un 5%. Pedimos unha modificación”, explicou Alexandra Fernández.
Gabinete de Comunicación de En Marea