Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A Igrexa da Universidade, unha das tres sedes do proxecto Con_secuencias. Colección DKV

O proxecto reúne un total de 42 artistas, que exporán en tres sedes moi próximas entre elas nunha estratexia conxunta necesaria de dinamización cultural, pouco habitual nas cidades galegas. A Colección DKV apostou por acompañar a traxectoria de artistas novos e de media carreira -moitos deles galegos-, converténdose nunha das apostas institucionais máis activas dos últimos tempos e, ao tempo, nun arquivo visual das moitas tendencias ou liñas emprendidas polos nosos artistas contemporáneos.

Por todo iso, a colección permite conformar e propoñer narrativas inéditas que, como esta, se poden adaptar a espazos de moi diversa índole; xa sexa unha igrexa do século XVII cun impoñente retablo; un edificio histórico de finais do XVIII que desde hai anos alberga o legado do artista surrealista Eugenio Fernández Granell; ou un cubo branco que primeiro foi un garaxe e que hoxe é un espazo neutro destinado á exposición de deseño e arte contemporánea. ‘Con_secuencias. Colección DKV’ se completa con una publicación que recoge las obras presentadas por los 40 artistas seleccionados por los comisarios David Barro y Alicia Ventura.

Os artistas

Os artistas que participan en ‘Con_secuencias’ son José Ramón Amondarain, Rosana Antolí, Antonio Ballester Moreno, Ana Barriga, Sergio Belinchón, David Bestué, Vicente Blanco, Manuel Blázquez, Jacobo Castellano, Patricia Dauder, Diego Delas, Miren Doiz, Manuel Eirís, Christian García Bello, Santiago Giralda, Laura González Cabrera, José Guerrero, Rubén Guerrero, Fernando Gutiérrez, Carlos Irijalba, Miki Leal, Almudena Lobera, Anna Malagrida, Álex Marco, Nacho Martín Silva, Rosell Meseguer, Guillermo Mora, Nico Munuera, Carme Nogueira, Juan Olivares, José Miguel Pereñíguez, Jorge Perianes, Aleix Plademunt, Samuel Salcedo, Amparo Sard, Teresa Solar, Miguel Ángel Tornero, Daniel Verbis, Nelo Vinuesa, Santiago Ydáñez e Juan Zamora.

O proxecto, co que colaboran a USC e a Fundación Museo Eugenio Granell, inaugurarase o martes 6 ás 19.00 horas en Fundación DIDAC, para acabar cunha visita guiada polos outros dos espazos. A exposición na Igrexa da Universidade estará aberta ata o 1 de abril, de martes a venres de 11.00 h a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)