O Parlamento galego insta á Xunta a defender a pesca no marco europeo ante os retos do sector

Neste sentido, lembrou que a Consellería do Mar “ten manifestado a necesidade de colaborar entre as distintas rexións afectadas pola práctica dos descartes pesqueiros, co obxectivo de camiñar pola defensa dunha maior flexibilización ante a política europea de descartes cero”.
Alberto Pazos salientou o proposición non de lei aprobada no último Pleno, co respaldo unánime de todos os grupos parlamentarios, a través da que se manifesta o apoio ao manifesto para a flexibilización da obriga de desembarque das capturas realizadas pola flota da Unión Europea, elaborado pola Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social (FREMSS).
Gabinete de Comunicación del PPdeG