Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Homenaxe a Alfonso Blanco Torrado o 8 de xullo

A idea é manter a liña prevista da recuperación da memoria histórica, pero homenaxear tamén a Alfonso Blanco, dinamizador cultural de toda a Terra Chá.

Por iso, o próximo 8 de xullo, en Santa Mariña de Guitiriz, ás 12 da mañán, vaise erixir un monolito en homenaxe a estes defensores da dignidade e da liberdade – “Os da lexía” e Alfonso Blanco Torrado- en recordo de uns e agradecemento a Alfonso, na parroquia que el rexenta, coincidindo coas festas patronais da localidade.

O monolito é una obra do escultor Valdi – Xosé Val Díaz- que conta coa colaboración económica de diversas asociacións culturais e entidades e administracións locais de Galicia.
Xermolos