Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Deputación, Concello e Sociedade Filarmónica enchen Lugo de música clásica con 11 concertos en vivo



Todos eles terán lugar no Círculo das Artes de Lugo ás 20:00 horas. As entradas para os non socios pódense mercar nas oficinas do Círculo das Artes e oscilan entre os 10 e 20 euros. Nenos, estudantes universitarios e de conservatorios teñen entrada gratuíta. As altas de socios na Sociedade Filarmónica de Lugo pódense facer no filarmonicadelugo@gmail.com.

A Deputación colabora coa Sociedade Filarmónica a través dunha axuda de económica de 9.000 euros coas que se financian actividades musicais durante todo o ano. de concertos e actividades durante todo o ano. O Concello de Lugo con 3.000 euros.

García Porto puxo en valor que “a colaboración entre Deputación, Concello e Filarmónica producen que a cidade de Lugo conte cun total de 11 concertos de música clásica de primeiro nivel, que poñen á nosa provincia no mapa musical a nivel nacional, pero tamén de fóra, pois contamos con músicos e directores con moito prestixio e recoñecemento internacional. Trátase ademais dunha oportunidade única para promover e achegar ao público en xeral a música clásica, dun xeito lúdico e cultural”.

Basadre Vázquez agradeceulle á Sociedade Filharmónica de Lugo que organicen un evento tan importante como este, “que enche a nosa cidade de cultura musical, que conta ademais coa xente nova que está comezando no mundo da música clásica, o que da mostra da importancia da labor da Sociedade”.

Programación 2017/2018

Todos os concertos terán lugar no Círculo das Artes ás 20:00 horas.

Outubro:
17 de outubro: Real Filharmonía de Galicia.
Maximino Zumalave, Director e Javier Franco, barítono. R. Strauss, J. Arriola e J. Guridi

Novembro:
7 de novembro: Vladimir Petrov, piano. Gañador Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo.
Obras de Rachmaninov, Scriabin, Liszt, Schumann e Prokofiev

28 de novembro: Orquestra de Cámara Solistas de Brno
Vivaldi, Albinoni, J.C. Bach e Beethoven (Triple concerto)

Decembro:
1 de decembro: Banda Filharmónica de Lugo. Concerto 5º Aniversario
Iván Martínez Sabio, director

15 de decembro: Cuarteto AmarArt & Ona Cardona
Quintetos con clarinete de W. A. Mozart e J. Brahms

Xaneiro:
26 de xaneiro: Orquestra Barroca Vigo 430, Coro Rías Baixas
Lina Tur Bonet, directora, Eugenia Boix (soprano), Gabriel Díaz (contratenor)
Vivaldi: “Gloria”

Febreiro:
8 de febreiro: Viaxe a través da luz do Mediterraneo
Hector Jorge Guedes, barítono e Antonio Luciani, piano

Marzo:
22 de marzo: Trio Wanderer
Vincent Coq (piano), Rafaël Pidoux (violonchelo), Jean-Marc Philips-Varjabédian (violín)
Tríos con piano de F. Schubert

Abril:
6 de abril: Orquestra Sinfónica Vigo 430
Tomás Grau, director.
Mozart: Sinfonía Concertante,Sinfonías no 1 e no 41 ”Xupiter”
Abril/Maio (data sen confirmar)
Cristo Barrios, clarinete & Andrew West, piano

Maio:
21 de mayo Praga Camerata
Pavel Hula, director e Martin Sedlak, violonchelo
Obras de Holst, Schubert, Gershwin e Dvorak


Sociedad Filarmónica de Lugo

Por iniciativa dun grupo de lucenses, sensibles á tradición polifónica da cidade e excelentes compoñentes dun conxunto de pulso e puga chamado Rocho Musical, fundouse en decembro de 1.946 a sociedade, sendo os seus fins o fomento e difusión da arte musical. Comeza a súa actividade social o 17 de Maio de 1947 cun concerto a cargo da Orquesta Municipal de Bilbao. Desde entón e ininterrompidamente leva organizadas máis de 600 actuacións que fixeron posible a audición en Lugo de destacadas agrupacións e solistas de todo o mundo. Como entidade cultural relevante, contribuíu á fundación do Patronato Pro-Música colaborando na institución das Semanas de Música do Corpus Lucense e na creación do Conservatorio.

Sociedad Filarmónica de Lugo