Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A terceira edición do festival Solodos chega a Ourense

Durante o Festival presentaranse 13 obras de creadores noveles Iberoamericanos. O 23 de Novembro pola mañá, máis de 400 nenas e nenos da provincia de Ourense teñen un programa exclusivo para eles, compartirán e poderán dialogar cos creadores sobre as súas obras. E serán eles quen otorgarán o PREMIO XOVE a unha das 6 obras do certame de creación de dúos e solos. Eles seleccionarán a súa coreografía ganadora, premio que se entregará o día 24.

O día 23 de Novembro ás 20.30 horas disfrutaremos da GALA SóLODOS EN DANZA cos seguintes artistas e compañías convidadas: Tejido Conectivo (Andrea Amor e Miguel Ángel Punzano); Iron Skulls (Agnés Sales, Héctor Plaza, Diego Garrido, Adrián Vega e Moisés-Moe) e Cía Exire con Alba Fernández Cotelo, ganadora da pasada edición do Certame.
O 24 de Novembrol ás 20.30 horas terá lugar o Certame de Creación de Dúos e Solos en Danza Contemporánea onde concursarán 6 coreografías.

A coreografía ganadora será premiada co PREMIO SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2018, e ademáis entregaranse diferentes premios e bolsas entre os artistas participantes. Un dos premios será otorgado polo público asistente ao certame, quen votará para seleccionar a súa coreografía preferida e entregarase o PREMIO DO PÚBLICO.

Este mesmo día e antes da entrega de premios poderemos disfrutar das actuacións da compañía Iron Skulls e do artista Arnáu Pérez, ganador do Premio Xove na pasada Edición do Festival.

Outras actividades do Festival

Mestres distinguidos impartirán clases maxistrais para estudantes e obradoiros especializados para profesionais. Ademáis como peculiaridade nesta edición, o Festival ofrece un obradoiro de danza contemporánea para Maiores de 60 anos.

O Festival organiza un Foro profesional, onde estarán presentes proxectos como Espacio Espiral-Laboratorio Escénico y de Artes Afines de Santander, Les Naves de Gijón, Centro de Danza de Zaragoza, Red a Cielo Abierto (Red de Festivales de Calle de España), Festival Trayectos de Zaragoza, Festival ContraDANÇA Festival de Danza e Movimiento Contemporáneo de Covilha en Portugal e Sólodos en Danza (Costa Rica / Ourense): Proxectos culturais que promoven o traballo escénico contemporáneo e favorecen a mobilidade de creadores noveis.

PROGRAMA COMPLETO SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2018

23 NOVEMBRO
11.00 - 12.30 h / Función Premio XOVE / Sala Principal:
·Función das 6 pezas finalistas para público xuvenil.
·Charla: Ao finalizar o espectáculo haberá unha charla cos artistas na Sala Principal.
·Votación: Posteriormente os estudantes votarán a súa coreografía preferida, a peza ganadora recibirá o Premio Xove SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2018 que se entregará o día 24.
Actividade realizada en coordinación coa Concellería de Educación Concello de Ourense.

18.00 - 19.30 h / Programa Formación Profesionais / Sala Apego:
Master Class de Mikel Aristegui na Sala Apego para Artistas Finalistas + Profesionais de Danza.

20.30 h / Gala Internacional SóLODOS EN DANZA / Ourense / 2018 / Sala Principal. Coreografías e compañías:
DON LIMPIO / Iron Skulls - Moisés “Moe"/ Cataluña
Intérpretes - creadores: Moisés “Moe" | Duración: 10 min.
A vida de Don Limpio: Lavar, asear, pulir, varrer, frotar, fregar, acicalar, adecentar, abrillantar, … & limpar.

ON / Cía Exire - Alba Fernández Cotelo / Galicia / Premio SóLODOS En Danza / OU / 2017
Creación e Interpretación: Alba Fernández Cotelo - Cía Exire | Duración: 10 min.
De repente, un só dedo encende cada parte do meu corpo. A súa enerxía leva as miñas vísceras a experimentar unha sacudida tan potente como a forza mínima que provoca violentos furacáns. Son os xestos sutís que envolven a atmósfera de caricias e enerxía vital. Convídote a que entres no meu corpo sen ter compaixón. Entras e percorres, observas, explosionas. Ven, ven... Mece o meu corpo, para que se mova diferente, e me transporte a outro lugar.

SE - NW / Tejido Conectivo - Miguel Ángel Punzano e Andrea Amor / Madrid
Dirección, coreografía e interpretación: Miguel Ángel Punzano e Andrea Amor | Deseño sonoro: Miguel Ángel Punzano |Deseño de iluminación: Virginia Rodríguez | Deseño de vestiario: Irma Veiga | Duración: 15 min.
The Walk é unha experiencia escénica sobre a poética do camiñar. Unha peza de danza contemporánea que se sucece a través de tres paisaxes construidas sobre o diálogo entre a gravidade e o equilibrio, o percorrido e a arquitectura dos corpos. SE-NW é unha desas paisaxes.
En SE-NW, a idea de Tempo e a idea de Espazo: dous conceptos tan inseparables como inaprensibles revélanse, fanse visibles e palpables, sírvense dos corpos para poñerse de manifiesto.

SIN MIEDOS / Iron Skulls - Diego Garrido / Cataluña
Dirección, coreografía e interpretación: Diego Garrido | Música: Nils Frahm - Says | Residencia artística: Auditorio San Martin, Barcelona | Mellor solo no Certamen Microdanza de Madrid, 2015 | Duración: 9 min.
"O guerreiro sabe que, tras cada enfrentamento, nunca volverá a ser o mesmo".Sen Medos comenza cos irresoltos e premonitorios pasos do individuo que se arroxa a unha deshabitada nudez. Sen ningunha garantía de éxito, os artistas, compunxidos e oprimidos por unha historia de asuntos irresoltos, emprenden a necesaria e arriscada viaxe cara a verdadeira identidade do ser. Afogándonos na viscosidade das súas inseguridades, o bailarín arrastraranos a unha turbulenta intimidade na que a negrura unicamente desemboca nun universo de matices grisáceos.

LAS VIUDAS / Iron Skulls - Héctor Plaza e Agnés Sales / Cataluña
Creación e interpretación: Héctor Plaza e Agnés Sales | Duración: 15 min.
10 da mañá. Esta vez ninguén vai chamar á porta. Palabras que compoñen os recordos dunha nena sobre a reacción da súa nai. Para nós, o detonante dun delirio que pon á luz a pegada que nos deixan as nosas vivencias.

24 NOVEMBRO
10.00 - 11.00 h / Programa Formación Público Xeral - Maiores / Sala Apego
Master Class de Sólodos - Erick Jiménez para Maiores

12.00 - 14.00 h / Foro SóLODOS / Sala Vermella
Interveñen: Erick Jiménez de Sólodos, Costa Rica - Ourense / Natividad Buil do Festival Trayectos de Zaragoza e Red A Cielo Abierto (Rede de festivas de danza contemporánea en espazos non convencionais de España), Victor López Carbajales do Centro de Danza de Zaragoza / Rui Pires do Festival ContraDANÇA, Festival de Dança e Movemento Contemporâneo de Covilhã, Portugal / Cristina Samaniego do Espacio Espiral, Laboratorio Escénico y de Artes Afines de Santander / Rebeca Martín Tassis de Espacio Les Naves de Gijón.

17.00 - 18.30 h / Programa Formación Profesionais / Sala Apego
Master Class de Tejido Conectivo - Miguel Ángel Punzano para Profesionais de Danza.

18.45 - 20.00 h / Programa Formación Estudantes / Sala Apego
Master Class de Tejido Conectivo - Miguel Ángel Punzano para Estudantes das Escolas de Danza.

20.30 h / Certame de Creación de Dúos e Solos / Sala Principal:
·Cuando las aves oyen mi paso / Ricardo Flores / México - Portugal
Intérpretes: Ricardo Flores e Diana Pinto
A peza fala sobre a partida. En México, é común colgar zapatos nos fíos de alta tensión como un tributo aos que partiron e deixaron o calzado cara atrás, camiñando descalzos polo camiño da eternidade. A través de movementos minimalistas, da utilización da mímica e de escasos elementos escénicos, explórase algo que vai máis alá da planta baixa, pero que tampouco é imaxinario - porque os nosos corpos existen, percíbense da presencia un do outro, dos outros e das súas vibracións.

·Do you? / Irene Maestre Serrano e Luis Martínez Gea / Murcia - Cadete, Albacete.
Intérpretes: Irene Maestre Serrano e Luis Martínez Gea | Coreografía Premiada no VII Festival Abril en Danza 2018 - Muestra Jóvenes talentos para participar como finalista en Sólodos En Danza / Ourense / 2018.
Trata das maneiras de amar e como o interpreta cada ser e a intensidade de recibilo. A definición de amor, cun compañeir@ de viaxe nesta supervivencia que é a vida, o meu punto de vista. Xogamos cun dito: “A MIÑA MEDIA LARANXA”, eu non comparto este dito xa que cada un non somos metades porque estamos enteiros, entón cada un pode ser unha laranxa ou calquera outra froita.

·Ática / Elvi Balboa e Lucía Bocanegra / Sevilla - Sanxenxo, Pontevedra
Intérpretes: Elvi Balboa e Lucía Bocanegra
ÁTICA é o lugar no que se atopan dúas descoñecidas. DOUS extremos que se unen nun xogo. UN diálogo armónico creado polas súas diferenzas. DANZA e espazo fan posible esta historia espontánea, este entontro cotián.

·[ tiempo ] / Nacho Cárcaba / Asturias
Intérprete: Nacho Cárcaba
Tempo, habitando na pel, nos ósos, naquelo que se move duns a outros, habitando na súa pel, nos seus ósos, naquelo que os move, a uns e a outros,… descubrir un momento mentres outros empezan a correr en busca do seu tempo, que habitará
a súa pel, os seus ósos e moverase... duns a outros.

·Ephimero / Paula Pérez Pinilla e Carmina Gimeno Latas - Cía Peace of Mind / Zaragoza
Intérpretes: Paula Pérez Pinilla e Carmina Gimeno Latas
Os sentidos son a porta entre o ser humán e o exterior. Sen palabras, cando dúas persoas se miran aos ollos, establecen un cimento de confianza e comunicación. A través dos aromas, sons e o simple tacto, viaxamos cara un mundo de recordos e sentimentos que nos van conectando, no transcurso da vida. Pensamentos fugaces sumisos a un cronómetro que nos balancean entre o duradeiro e as agullas do efémero.

·Entre Nosotros / Salvador Rocher / Santa Pola, Alicante
Intérpretes: Melodía García Sánchez e Salvador Rocher.
Son as 19:00 pm, aterrizamos en terreo descoñecido, observou e analizou, o capitán está inquedo e só busca como volver. Sen embargo, eu so vexo unha nova oportunidade de cambio ao vernos rodeados desta nova sociedade.Quizáis si quedamos o logremos e se non funciona non importa, todo queda entre nós.

·Actuación Artistas convidados:
Antes da entrega de Premios actuarán as compañías convidadas e coreografías premiadas:
I´M NOT A KID ANYMORE / Arnau Pérez / Premio XOVE recibido en SóLODOS En Danza / OU / 2017 e coreografía premiada no Certamen Internacional de Coreografía Burgos & New York 2018.
Creación e interpretación: Arnau Pérez | Duración 10 min.
Un ser humán expresa a través de si unha idea inicial basada solo no seu aspecto superficial. ¿Pero atópase a madurez dentro dese corpo ou é un elemento creado pola percepción externa? ¿Son xa un adulto? Xa non son un neno pero tampouco quero deixar de selo.

KINTSUGI / Iron Skulls / Coreografía premiada no Certamen Internacional de Coreografía Burgos & New York 2017.
Dirección: Iron Skulls Co | Coreografía e intérpretación: Adrián Vega, Moisés “Moe”, Héctor Plaza “Buba”, Diego Garrido e Agnés Sales Martín | Duración: 14 min.
Kintsugi é unha técnica xaponesa de reparación de obxectos que se remonta ao século XV e unha filosofía que plantexa que as fisuras e as reparacións forman parte da historia dun obxecto e non hai que escondelas. Estas deben embelecer ao obxecto, deixando ao descuberto a súa transformación e o seu pasado. Interesados nas novas linguaxes e nos límites do movemento, Iron Skulls Co. mergúllase no formato de quinteto na procura da relación entre técnica, beleza e imperfección a través da danza.

·Entrega de Premios
Premio SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2018
Premio do Público
Premio Xove
Premio finalista Danza en la Catedral - Bailando con Piedras / organizado polo Certamen Internacional de Coreografía Burgos - New York

Entradas á venda en ataquilla.com ou na taquilla do auditorio o mesmo día das funcións
Solodos