Luar na Lubre presenta o seu novo traballo, dedicado á Ribeira Sacra
Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará o concerto de presentación do novo traballo de Luar na Lubre, Ribeira Sacra, que se publicará o vindeiro 30 de maio. O concerto terá lugar o sábado 26 de xaneiro, a partir das 20.30 h, no Teatro Afundación de Vigo. As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.A banda liderada por Bieito Romero gravou en outubro de 2017 este novo traballo discográfico no Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos, Ourense), que ten como obxectivo poñer en valor a través da música a riqueza histórica, etnográfica, natural e monumental deste territorio.
Inclúe 26 temas que proveñen de composicións propias, música tradicional e melodías para «lembrar e poñer en valor todo o patrimonio que temos na Ribeira Sacra», en palabras de Bieito Romero. «Esta gravación tocoume o corazón, porque as miñas orixes están na Ribeira Sacra e, ademais, para todos supuxo un proxecto moi especial porque comezamos a traballar nel na data en que os lumes fixeron estragos en Galicia en outubro de 2017, e o feito de estar nun territorio de tan alto valor natural fíxonos arrincar con moita tristeza». Ademais, o disco conta con ducias de colaboradores, desde Víctor Manuel ata SES, pasando pola Coral Ruada ou Nani García.
Afundación
