O Colexio de Xornalistas de Galicia considera inaceptable a expulsión de fotógrafos e cámaras do Concello da Coruña
Segundo o decano do CPXG, a corporación de dereito público que por lei representa ó xornalismo galego, a conducta de Francisco Vázquez vulnera o dereito á información dos cidadáns e non se corresponde co deber de transparencia esixible ós poderes públicos nunha democracia. Por este motivo, Xosé Manuel Vega emplaza ó alcalde coruñés a que poña fin a este tipo de comportamentos e que facilite o traballo dos xornalistas coruñeses.
O CPXG permanecerá vixiante na esperanza de que feitos desta natureza non se repitan no futuro.
O CPXG permanecerá vixiante na esperanza de que feitos desta natureza non se repitan no futuro.
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia