Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo celebra o 23 de abril con actividades para todos os públicos

Os participantes ponen en circulación libros libres coa intención de que quen os recolla, goce da súa lectura e volva liberalos noutro punto distinto do mundo. Cada libro estará acreditado coas súas correspondentes etiquetas, conterá as instrucións necesarias para facilitar a participación na campaña, e estará rexistrado na web www.bookcrossing-spain.com, onde os lectores poderán indicar o lugar no que atoparon e liberaron cada exemplar. O obxectivo desta iniciativa é sumar ás bibliotecas dos museos nun esforzo para o fomento da lectura e, máis en concreto, na difusión do coñecemento das distintas disciplinas artísticas. 

Maratón SABIDURIUS

Para participantes a partir de 15 anos
Lugar: Biblioteca/Centro de documentación do MARCO, 1º andar
Horario: a partir das 18.00, en continuidade ata as 21.00
Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade

SABIDURIUS é o nome dun xogo de mesa creado por Eduardo Armada e Ramón Trigo, protagonistas da exposición Pantoque, que ocupou as salas da planta baixa do MARCO entre os meses de novembro 2018 e marzo 2019.

Pensado, deseñado e fabricado en Galicia, Sabidurius é un xogo baseado nas palabras, nas súas definicións, na imaxinación e na escrita. Sinxelo e divertido na súa dinámica e funcionamento, Sabidurius é un proxecto lúdico-educativo que reúne diversas disciplinas, cun deseño especial e único, e con máis de trinta ilustracións creadas expresamente polo artista Ramón Trigo.

Coincidindo co Día do Libro, a Biblioteca/Centro de documentación invita ao público a participar nunha experiencia compartida ao redor deste xogo, para o que se habilitarán 7 mesas con exemplares do mesmo, na que se poderá participar por quendas, organizadas en grupos de ata 8 persoas.

A-Z en XOGO!

Obradoiro infantil para público familiar
Para participantes a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas
Lugar: Laboratorio das Artes, 1º andar
Horario: de 17.30 a 19.30 [hora límite de entrada ás 17.45]
Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade. Máximo 40 participantes

A partir da idea de xogo de mesa, celebramos tamén este día cos máis pequenos cun obradoiro especial e cunha versión adaptada ao público infantil. Crearemos o noso propio taboleiro de xogo e fichas, utilizando diversas técnicas, e inventaremos historias a partir de letras e imaxes, de xeito individual e colectivo.
Museo de Arte Contemporánea de Vigo