Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Política Agroalimentaria organiza 110 cursos de formación para agricultores durante o mes de abril

Estes cursos impartiranse en diferentes concellos das catro provincias galegas, iniciándose ao longo do mes de abril: 26 deles na provincia da Coruña, 27 na de Lugo, 20 na de Ourense e 37 na de Pontevedra.
TEMAS IMPARTIDOS
Os cursos tratarán sobre a formación dos agricultores e gandeiros galegos, co fin de contribuír a mellorar o desenvolvemento da súa actividade profesional, a súa adaptación ás novas tecnoloxías e o emprego de novos usos e manexos nas explotacións. Os cursos abranguen un ampolo abano de contidos que van dende a informática ou a xestión de explotacións ata a poda e enxerto de árbores froiteiras ou o análise sensorias dos viños, así como temas específicos da agricultura e gandería, tales como a agricultura ecolóxica, a produción integrada, a horticultura, a viticultura entre outros.
A participación prevista é de preto de 3.000 alumnos, distribuídos en aulas cun aforo máximo de 30 persoas. Estes cursos de formación agraria teñen unha duración que vai dende as 21 ata as 250 horas lectivas; co que o total de horas lectivas ascende a 3.874 horas.
Dentro destes cursos, 44 son de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios, e que teñen unha duración de 21 horas.
Para solicita-la participación nestes cursos, os interesados deberán dirixirse á Oficina Agraria Comarcal máis próxima.
Dende que comezou o ano celebráronse 161 cursos de formación agraria en Galicia, ós que asistiron arredor de 4.400 persoas.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia