Preséntase 'Co Pai', un inédito de Neira Vilas
Neste caso, a prosa poética se desprega sobre unha serie de textos breves no que se xuntan a dimensión narrativa e a lírica. Engádese así este libro póstumo a outros nos que Neira Vilas foi elaborando unha memoria literaria coa que evocar o eido orixinario e os afectos familiares. Dende o xa lonxano Lar (1973), evocación da primeira viaxe a Galicia tras vintecatro anos na emigración; Nai (1980), semblanza da súa nai, Manuela Vilas Arteaga; e Pan (1986), recordo dos anos de infancia e adolescencia. Os tres volumes foron recollidos pola editorial Galaxia na obra Charamuscas (1993) e levados de novo ao prelo pola mesma editorial en 2014, destavolta co título de Lar-Nai-Pan.
Agora, de novo da man de Galaxia, péchase este particular círculo memorialístico co libro adicado ao pai, Xosé Neira Silva, home de múltiples oficios, como o ten descrito tantas veces o fillo escritor, e que aquí é caracterizado como “carpinteiro de trencha fina”.

Fundación Xosé Neira Vilas