Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

María Adánez e Ana Marzoa inauguran a nova Tempada de Teatro de Afundación cun clásico de Valle-Inclán

Comeza unha nova Tempada de Teatro de Afundación, a Obra Social de ABANCA, e faino coa obra de Valle-Inclán Divinas palabras adaptada e dirixida por José Carlos Plaza. Cun elenco conformado por María Adánez, Ana Marzoa, Javier Bermejo, Alberto Berzal, María Heredia, Chema León ou Diana Palazón, entre outros, poderase ver mañá venres 11 de outubro, ás 20.30 h no Teatro Afundación de Vigo.

As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com para todas aquelas persoas que non adquirisen un abono de tempada, que supón un aforro do 20 % con respecto ao importe das entradas soltas.

DIVINAS PALABRAS, DE VALLE-INCLÁN

O texto é a culminación do ciclo mítico de Valle-Inclán cunha estética moi próxima aos esperpentos. O tráxico, o dramático, o cómico e o grotesco xúntanse nesta traxicomedia, onde é evidente a influencia de Goya e as súas Pinturas Negras, dos disparates, dos horrores da guerra. É tamén evidente a influencia de Solana, Dalí e de toda unha corrente española que chega ata os nosos días –con Buñuel á cabeza- dunha auténtica sinfonía de cores, sons e sentimentos.
Afundación