Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Reafirmación de Galeguidade no cemiterio de San Facundo de Ribas de Miño (Paradela)

O acto comezará na casa do Concello de Paradela, ás doce da mañá, onde o alcalde, José Manuel Mato dará a benvida aos participantes, e aos paradelenses que desexen sumarse a esta celebración.

De seguido, os presentes que o desexen asinarán a acta de REAFIRMACIÓN DE GALEGUIDADE, que se ven suscribindo neste tipo de actos, na que os presentes interesados participan na iniciativa EN GALEGO, AGORA E SEMPRE, declarando querer que a súa despedida vital, funerais e todas as cerimonias de despedida da vida, sexan feitas en idioma galego.

O acto no Concello finalizará coas palabras do Presidente da Asociación de Funcionarios para a normalización lingüística, Xosé González Martínez, e o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez.

Desde a capital do concello, os participantes desplazaranse ao cemiterio de San Facundo de Ribas de Miño, onde se descubrirá unha placa que deixa constancia desta celebración, visitarase o cemiterio e a igrexa, e o crego e musicólogo Xesús Mato Mato, fillo predilecto do concello de Paradela, rezará un responso polos que descansan naquel cemiterio, con todas as súas lápidas en galego.
Concello de Paradela