Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Adega lanza o Proxecto Ríos

Nunha rolda de prensa celebrada en Santiago, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) presentou publicamente o Proxecto Ríos, unha iniciativa de educación ambiental sobre os ríos galegos. O Proxecto Ríos consiste na inspeccióne seguemento de treitos de río por parte de colectivos ou incluso de particulares, que contarán con asesoramento, documentación e formularios achegados pola coordenación do Proxecto. Este Proxecto desenvólvese en Cataluña desde hai varios anos e agora será implementado por ADEGA en Galiza, despois de o adaptar á nosa realidade.
O Proxecto Ríos asesorará e coordenará os participantes, que poderán ser particulares, centros de ensino, asociacións de veciños, de pescadores, de amas de casa, xuvenís, grupos ecoloxistas, etc. Os participantes comprometeranse a elaborar un mínimo de dous informes
anuais de avaliación da situación do treito do río escollido. Os datos destes informes compilaranse para a sua integración nun informe xeral anual que contribuirá  ao diagnóstico da situación dos ríos galegos.
O Proxecto Ríos será  o primeiroproxecto de voluntariado ambiental que atinxa a todo o territorio galego e que trate de maneira específica algún problema ambiental.O Proxecto Ríos vén encher este baleiro, contribuíndo a incrementar a conciencia ambiental, partindo do
principio da participación da cidadanía, tentando buscar solucións aos importantes problemas ambientais ligados aos ecosistemas fluviais.
A inspección de ríos non é a única canle de participación no Proxecto Ríos. Un segundo nivel implica a sinatura dun compromiso e unha relación máis estreita entre os participantes e a coordenación. E un terceiro nivel será o de adopción de ríos, no que os participantes se
involucran máis na defensa do tramo de río elixido.
O Proxecto Ríos é o resultado dun convenio de colaboración entre ADEGA e a “Associació Habitat”, entidade responsábel do Proxecto Ríos catalán.  Os proxectos galego e catalán manteñen un nome, uns obxectivos e unha metodoloxía comúns, adaptándose á realidade de cada país. O Proxecto Ríos recibiu o apoio da Deputación da Coruña e da “Fundació Territori i Paisatge” de  Caixa Catalunya.
Nestes momentos, ADEGA, xunto con outros colectivos, está a impulsar outra importante iniciativa en defensa dos ríos galegos, unha iniciativa lexislativa popular para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos (http://www.ilprios.org).
Adega