Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Case duascentas actividades pechan o ano da Rede Cultural da Deputación da Coruña

Así, nesta fin de semana até o domingo 15 desenvolveranse en distintos concellos un total de 43 actuacións da Rede Cultural e na que comeza o venres 20 de decembro serán 55 os espectáculos que formarán parte das programacións municipais dentro deste programa de promoción cultural da Deputación da Coruña.

"A Rede Cultural supón un circuito consolidado que ofrece programación de calidade a todos os concellos da Coruña e supón un importante recurso para o sector cultural que consigue así participar nun proxecto que desde a Deputación da Coruña reforzamos porque é unha ferramenta de especial interese para a democratización da cultura", sinala o deputado de Cultura, Xurxo Couto.

O mes de decembro terán lugar así o desenvolvemento de case o dez por cento das actividades que nesta última edición formaron parte da Rede Cultural que, neste ano, alcanzaron un total de 1.838 actividades, 135 do programa Visións, 912 de Alicerces - o dedicado á cultura amadora- e un total de 791 actuacións do programa profesional "Escena ao Vivo" que inclúe espectáculos de danza, música, teatro, monicreques e a modalidade de "Lingua a escena" destinada a promover a normalización da lingua galega por medio da cultura.

Maxia, música, teatro

Esta fin de semana, a Rede Cultural programa actividades en Vilasantar, Betanzos, Abegondo, Culleredo, Carnota, Fene, Arteixo, Muros, Sada, Narón, Valdoviño, Ames, Boqueixón, Mazaricos, Padrón, Vedra, Noia, Corcubión, As Pontes de García Rodríguez, Rois, Cerdido, Bergondo, O Pino, Vilarmaior, Neda, A Coruña, Santiago e Compostela, Teo, Paderne, A Pobra do Caramiñal, Ferrol, Oleiros e A Baña,

O Mago Richard, Boabab Teatro, Teatro do Atlántico, Talía Teatro, Raquel Queizás, as Cantareiras Mestura de Valdoviño, Fani Triana, Coro Canta Compaña, Larraitz Urruzola, A Panadaría, Lydia Botana, a Coral Polifónica Eixil, Quico Cadaval, Celso Sanmartín e José Luís Gutierrez, o Trío Brigantia ou Pista Catro son algunhas das propostas que forman parte do catálogo da Rede Cultural ao longo desta fin de semana.
Deputación da Coruña