Os chefs Kike Piñeiro e Eloy Cancela sacan xugo ao produto eco no CSHG

Mentres Regueiro Real abundaba na faciana empresarial do sector, Kike Piñeiro e Eloy Cancela, do restaurante A Horta do Obradoiro, preparaban un menú a base de produtos ecolóxicos no CSHG que posteriormente os estudantes degustaron. Cuscús de coliflor con cabaza asada, guiso de mexillón tigre e snack de vacún ecolóxico (con xarrete de tenreira).
A sobremesa foi un dos momentos máis especiais do show cooking. Co queixo e o mel como ingredientes estrela, os chefs deseñaron dunhas presentacións diferentes: rolo con crema de queixo e mel; e queixo de nabiza con mel fresco do panal.
SEMANA DE EXPLOTACIÓN
Durante o segundo trimestre do curso, no mes de marzo, os alumnos do CSHG terán ocasión de incluír os produtos ecolóxicos nos seus traballos fin de carreira. Como vén sendo habitual, os estudantes de último curso de Gastronomía e Xestión en Cociña terán que pechar o ciclo de formación desenvolvendo o proxecto empresarial dun restaurante con todos os aspectos que iso implica: definición do negocio, estudos de mercado e viabilidade e posta en funcionamento. Finalmente o restaurante abrirase ao público xeral durante unha semana nas instalacións que o centro posúe na zona da Barcia.
Centro Superior de Hostelería de Galicia