Clube Estrella Galicia leva o Funk, Soul e Rock&Roll a Pontevedra e A Coruña
A Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo, Clubtura e Estrella Galicia continúan coa cuarta edición do Ciclo Clube Estrela Galicia. En este mes de febreiro chega ás provincias da Coruña e Pontevedra cunha programación que vai do funk ao rock&roll ou o soul, cuns carteis que, fieis ao espírito do ciclo, combinan artistas dunha coñecida traxectoria musical que xa conta co favor do publico e da crítica con outras propostas emerxentes.
Os primeiros directos deste mes de febreiro terá lugar na sala coruñesa Mardi Gras o 1 de febreiro. O concerto reúne nun mesmo cartel a dúas bandas de longo percorrido na escena galega como son Moon Cresta e Frying Luras. Moon Cresta é unha banda comprometida no plano ideolóxico e está a presentar o seu cuarto disco “Civil Fuzz Brigade”, onde unha vez máis fai bandeira do lema “Power&Funk”.
Frying Luras presenta “Die Butch der Schätze”, un traballo co que dan un paso adiante para deixar constancia dunha traxectoria sen presa pero sen pausa. Trátase da gravación ao vivo nos estudos vigueses The Dub Yard, álbum que segue unha liña de honestidade e frescura na execución.
O seguinte concerto na Coruña será o 14 de febreiro, no Garufa Club. DA Trío está formado por Narci Rodríguez (voz e guitarra barítono), Ilmarto (baterías) e Zalo Rodríguez (teclas e sintetizadores). A formación enmárcase dentro do neo-soul máis contemporáneo nunha proposta de composicións propias que se plasman no primeiro EP do trío “Reflexións”, no que DA Trío proporciona unha auténtica viaxe por dentro e por fóra no obrigado movemento de cabeza que as súas ondas sonoras provocan.
Xunta a eles, subiranse ao escenario a banda de recente formación Udra, que xurde dunha reestruturación do grupo Diego Negro Trío, integrada por Maritxinh (baixo eléctrico), Álvaro Trillo (batería) e Diego Negro (guitarra e voz). A súa sonoridade parte do neo-soul para facer unha mestura de xéneros como o soul, hip-hop, jazz e funk, ata chegar ao rock progresivo, a electrónica ou a World Music.
Na provincia de Pontevedra, o primeiro concerto de Clube Estrella Galicia será na sala Aturuxo, en Bueu, o 9 de febreiro, cun cartel de auténtico luxo con The Lelli Kelly’s que chega co seu último EP “Congamonga” baixo o brazo e Enxeito, unha banda que se move nos estilos do funk e o rap.
The Lelli Kelly’s leva catro anos sen parar de xirar por salas e festivais. A banda encara este 2020 coa presentación do seu primeiro traballo en estudo, “Congamonga”. Un EP de rock&roll, agreviso e bailable, que funciona “como un chupito de augardente cando estás a coller unha gripe, como o cocido da avoa nun domingo de resaco, ou como decatarse un xoves de que o venres é festivo”.
Despois dun primeiro traballo autoproducido e autoeditado, Óscar e David atoparon a Montse, Adri e Marcos, os compañeiros ideais para iniciar esta andaina de Enxeito. A bando e sinónimo de funk e a finais de 2018 consolídase e os seus integrantes acadan unha enorme complicidade no escenario. O ano pasado formaron parte dos carteis de varios festivais, nos que destaca o Vilariño Folk e o San Rock.
O relevo o toma a sala viguesa Contrabajo o 14 de febreiro, cos directos de AFF60 e Jay Doe & The Blues Preachers. A primeira das bandas está formada por Alberto Cunha (guitarra e voz), Andrés Cunha (baixo eléctrico e voz) e Rafael Otero, Feluco (batería). Os tres deciden unirse neste proxecto musical para recuperar a música dunha das mellores décadas musicais: os 60.
AFF60 fai un percorrido polas cancións máis recordadas de míticas bandas como Los Brincos, Los Mustanng, Lone Star, Creedence ou os Beatles, sempre con moito humor e saber facer, para crear unha atmosfera especial en cada un dos seus concertos.
Jay Doe & The Blues Preachers son Jay Doe (guitarra rítmica e voz), Lucas Fernández (guitarra solista), Alexandre Carrero (bajo), Manu Ares (batería). Todos eles, cun bagaxe musical moi extenso que lles ten levado a tocar por toda a xeografía galega e española, así como en Portugal. Forman parte de varias bandas como Dr. Hello, MissinBlues, Best Boy, Cool Funeral, Delta Blues Dúo, The Blues Moonshiners, Booty Sweet, Moon Cresta, The Bluesfellas ou Monk Blues Band.
Jay Doe & The Blues Preachers únense para tocar música blues e rithm&blues de raíz afroamericana, nunha combinación de temas clásicos de blues a composición propias.
Clube Estrella Galicia é unha clara aposta polo talento musical galego, posto que só actúan formacións con temas propios. O ciclo supón, ademais, un importante respaldo de Estrella Galicia –patrocinador exclusivo- ás salas de concertos das catro provincias galegas. Estes directos forman parte das 60 actuacións que se desenvolverán ata maio de 2020

Ciclo Clube Estrella Galicia