O Esmorga Fest 2020 presenta o seu cartaz completo

Segundo a organización o bo ritmo de venda de entradas augura o “ sold out” do aforo do festival, algo que xa sucedeu na pasada edición e tan bo sabor de boca deixou a todos os asistentes.

Aos grupos xa confirmados sumáronse John Axiom, Pálida, Don Gonzalo e Copitropical.
A sexta edición deste festival xa consolidado como unha referencia no calendario festivaleiro estatal contará cunha zona gastronómica durante a xornada do sábado a cargo de Cárnicas Teijeiro.
As entradas pódense comprar a prezo de anticipada a través da súa web e en dous locais de Sarria: Adarve e Xarope.
Esmorga Fest 2020:
VIERNES: CARIÑO – VIVA BELGRADO – ATENCION TSUNAMI! – LA TRINIDAD – MOURA – LE TEMPS DU LOU – BÖIRA – JOHN AXIOM
SÁBADO: LOS PUNSETES – MOON DUO – PONY BRAVO – NIÑA COYOTE eta CHICO TORNADO – YAWNERS – IT IT ANITA – TRIFULCA – PALIDA – MODERN NATURE – UNIFORMS – ALIMENT – THE FINGERS – DON GONZALO – COPITROPICAL
Esmorga Fest 2020