Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

María Antonia Rilo e a Rede Galega contra a Trata, XIV Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades

O xurado da edición número 14 do Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades acordou por unanimidade concederlles o premio a María Antonia Rilo Veiga e á Rede Galega contra a Trata.

María Antonia Rilo foi proposta pola Federación de Asociacións Veciñais Limiar polo seu relevante traballo desde a esfera pública e privada na defensa dos dereitos das mulleres e a loita pola igualdade de xénero, sendo impulsora do primeiro Plan de Igualdade e da Comisión de Seguimento da Violencia de Xénero. A Rede Galega contra a Trata foi proposta pola Concellería de Igualdade por ser un instrumento de intervención e coordinación entre as asociacións e persoas integrantes da rede, a sensibilización dos axentes sociais implicados nesta problemática, así como por ser unha plataforma asemeblearia de denuncia e incidencia política na loita contra a trata de persoas, principalmente con fins sexuais e laborais e maioritariamente mulleres, nenas e nenos.

O xurado, que se reuniu hoxe nas dependencias da Concellaría de Igualdade, para examinar as propostas presentadas e os méritos aducidos das persoas e institucións merecedoras do premio, estivo formado por:

- Eugenia Díaz Abella, concelleira de Igualdade.
- Mª Elena De Jesús Rodríguez, directora do Centro de Información Municipal ás Mulleres, CIMM
- María Cabanelas, en representación do Consello Municipal da Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes
- Nora Sola, en representación do ámbito sociocultural
- Ramón Salvador Álvarez, en representación da Comisión de Investigación e Seguemento da violencia exercida contra as mulleres
- Mª Jesús Vázquez Fernández, xefa de negociado da Concellaría de Igualdade, que actuou como secretaria.

O Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades é unha iniciativa da que convoca a Concellería de Igualdade co obxectivo de poñer en valor o traballo que diversos colectivos, organismos e persoas, preferentemente do noso municipio, levan a cabo de maneira exemplar e concienciada no ámbito da promoción da igualdade de xénero.
Concello de Ourense