Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O sábado día 9 de abril cA Asociación de Veciños de Xinzo retoma o problema do enlace de O Confurco.

En xinzo, Ponteareas, a 7 de abril de 2005





A Asociación de Veciños de Xinzo retoma o problema do enlace de O Confurco. O motivo é a promesa que xa fixera o Ministerio de Fomento comprometéndose a solucionalo no momento que se levaran a cabo as rotondas, e na actualidade xa están licitadas e en breve poranse en marcha.
Os Veciños de Xinzo entenden que sería un sen sentido solucionar a problemática dos cruces coas rotondas e deixar a vía principal cunha pendente que roza a legalidade e que lle causa enormes problemas a todo os usuarios.
O tema é moi grave posto que é inconcebible que isto pase nunha estrada nacional que da servizo a máis de 20.000 habitantes.
O mesmo tempo, aplauden todas as iniciativas encamiñadas a solucionar esta problemática, que non afecta soamente os veciños de Ponteareas, pois hai outros Concellos coma o de Mondariz que tamén se deberían implicar.
O sábado día 9 de abril celebrarase unha Asemblea da Asociación de Veciños que tratará este tema para decidir as medidas que se van a tomar. Ao mesmo tempo, tamén tratará outros temas de gran importancia para a parroquia como son: o saneamento, as normas urbanísticas e a ampliación do cemiterio.
Xunta Directiva da Asociación de Veciños de Xinzo