Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Galicia solicita ao Ministerio dous tipos de aforos diferentes para as praias galegas, en función da preamar e a baixamar

O actual cálculo considera que para obter o aforo máximo permitido nas praias, tense que considerar unha superficie por bañista de aproximadamente 4 metros cadrados. Para facer este cálculo, hai que descontar da superficie útil da praia, como mínimo, unha franxa de seis metros a contar dende a beira da preamar.

Segundo plantexa o conselleiro de Sanidade, esta restrición impediría o uso de moitos dos arenais galegos. A solución que propón Almuiña para calcular o aforo en baixamar pasa por descontar da superficie útil da praia unha franxa de 4 metros dende a liña de baixamar. En preamar, habería que descontar da superficie útil unha franxa dun metro dende a liña de preamar.

A Consellería de Sanidade confía en que o Ministerio acceda a esta petición.
Consellería de Sanidade