Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Xoan Montes, na Praza Maior de Lugo. O seu busto estreará nova ubicación na Praza Maior de Lugo o mércores, 24, ás 12,30 h.

A escultura foi restaurada e trasladada á praza Maior de Lugo recentemente e ficará exposta ao público tras un breve acto e homenaxe que se desenvolverá do seguinte xeito:

- Intervención musical do pianista Aurelio Chao e da cantante Esperanza Iglesias Méndez que interpreterán temas compostos por Xoán Montes Capón.
- Intervención de Fernando Gómez Jácome, director de varias corais lucenses, en loubanza á figura de Montes
- Intervención musical de Aurelio Chao e Esperanza Iglesias Méndez
- Ofrenda floral na que participarán os que foron directores da Banda Municipal de Lugo, Rosendo Iborra e Indalecio F. Groba.
- Intervención musical de Aurelio Chao e Esperanza Iglesias Méndez

No acto participará a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo;
a Concelleira de Cultura, Maite Ferreiro.; representantes de cada grupo da corporación e r Representantes de agrupacións corais de Lugo e institucións musicais.

Para este acto prégase a asistencia de 1 ou 2 persoas de cada entidade para evitar aglomeracións. Gardaranse as debidas distancias e rógase acudir con máscara protectora.
Concello de Lugo