36 obras que miran á natureza para promover a introspección

Do natural ao fractal
As obras que integran estas exposición teñen todas elas como punto de partida unha fotografía tomada nunha contorna natural, á que posteriormente Blanco somete a un “traballo de edición, creando un espello, en ocasións múltiple e noutras dobre”, que lle permite vez afondar “na fractalidade da imaxe, en como a realidade está contida en múltiples realidades”. Este traballo de edición fotográfica, dirixido a multiplicar “os patróns” da natureza, serve posteriormente como punto de partida aos lenzos que se presentan por primeira vez nesta exposición.
Esta serie de obras, insírense á súa vez na serie Los habitantes de Gaia, “un proxecto que levo anos realizando e que evolucionou moitísimo”, explica Blanco, desde que comezou con el en 2012. De feito, ata o de agora só se materializara, “de forma dixital”, dando un novo paso con esta serie de cadros, que á súa vez, forman parte do libro que a artista vén de editar, tamén baixo o título de Te miro y me veo. Non obstante, matiza, non se trata “propiamente dun catálogo” da exposición, senón que busca, ao igual que a propia mostra, “ser un libro para meditar”, presentando as diferentes obras xunto coas “mensaxes” que xorden da “conexión coa propia enerxía do retratado que experimento”. Mensaxes que, como explica, “falan de conectarnos e de entender que todos estamos unidos e que, á súa vez, a vida natureza está dentro de nós”.
Universidade de Vigo