Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O centro de intelixencia artificial do Concello presenta as súas liñas de traballo

“Hoxe é un día histórico para Ourense”, sinalou o rexedor, quen avanza que o novo centro vai xogar un papel “fundamental para Ourense”. Jácome agradeceu a colaboración de entidades como a UNED ou a Universidade de Vigo nun proxecto que o Concello pon en marcha cos seus propios recursos, e ao que confía que se sumen outras administracións supramunicipais, caso da Deputación de Ourense, da Xunta de Galicia e do goberno do Estado, ademais de optar tamén a fondos europeos. Pérez Jácome salientou a importancia de situar Ourense nunha área de tanto potencial como a da intelixencia artificial, que ademais é “totalmente transversal e alcanza todos os parámetros”, polo que todas as empresas poderán beneficiarse da actividade do centro.

“Subirse á tecnoloxía é o mellor que podemos facer”, asegurou Pérez Jácome. O rexedor explicou que “cando vas pola senda correcta, cada avance é un pracer”, para concluír: “imos á velocidade de cruceiro e non hai ningunha dúbida ao respecto”.

No acto de presentación avanzáronse algunhas das liñas de traballo que desenvolve na actualidade en materia de investigación e transferencia de tecnoloxía, con proxectos que contribuirán á mellora da xestión municipal, colaboracións co tecido empresarial e diferentes entidades coma a UNED, a Universidade de Vigo, hospitais coma O Meixoeiro (Vigo) e La Paz (Madrid), entre outros, segundo expuxo o director xeral, David Olivieri.

“O centro é un proxecto moi interesante e ten unha posibilidade moi grande para causar un impacto na cidade, tanto socioeconómico como para reter talento, que é fundamental para Ourense”, asegurou Olivieri, quen explicou polo miúdo o traballo realizado durante os dous últimos meses desde o centro ourensán e as liñas de traballo que está a desenvolver.
Filosofía. Ao concentrar a experiencia nas últimas tecnoloxías prácticas de intelixencia artificial (IA), o centro axudará a desenvolver novas iniciativas comerciais, reterá e atraerá traballadores altamente cualificados e axudará as industrias existentes debido á natureza transversal das aplicacións da IA.

Por tanto, os obxectivos do centro son:

- Desenvolver e fomentar expertos en IA.
- Fomentar a colaboración entre centros tecnolóxicos e empresas.
- Promover a transferencia científica de tecnoloxía de IA ao sector público e privado na busca de beneficios económicos e sociais prácticos.

O centro terá, ademais, un papel híbrido:

- Investigación e desenvolvemento: obter excelencia e habilidades fundamentais en investigación científica nun conxunto de áreas centradas na intelixencia artificial relevantes para a economía local.
- Transferencia de tecnoloxía: actuar de promotor da transferencia de I+D fomentando a posta en marcha de proxectos colaborativos. Será en áreas como: Smart City: Sociedade e goberno intelixentes; BIOMED: Medicina Traslacional e Bioinformática; e Negocio: desenvolvemento de IA como servizo.

O centro establecerá relacións crave con outros actores do sector publico e privado para colocarse coma un centro de excelencia e crear sinerxias relevantes para a economía e para a sociedade. Principalmente con universidades, redes de investigación e sector público.
Impactos. Aproveitará a colaboración de socios tecnolóxicos para producir resultados e impactos relevantes para a economía e a sociedade local en materia de creación de emprego, implantación de novas empresas, optimización dos servizos gobernamentais, uso da IA como plataforma de servizo na nube. Tamén persegue constituír unha oportunidade única para que colaboren unha variedade de partes interesadas, coma a industria, as organizacións profesionais, hospitais, universidades e outras organizacións do sector publico.

Impactos a nivel estratéxico:

- Social: Sensibilizar sobre a nova economía dixital entre a poboación.
- Coñecemento: Transferir coñecemento do centro e das universidades tanto ao sector publico como ao privado.
- Científico: Crear coñecementos científicos básicos en IA que proporcionen beneficios sostibles.
- Económico: Estimular o desenvolvemento económico e a cooperación na nova economía dixital impulsada polo Big Data e a IA.

Impactos a nivel específico:

- Proxectos: O centro será un socio tecnolóxico para o sector publico e privado.
- Startups: Fomentar a creación de novos negocios en Ourense.
- Consolidar: Axuda a industria existente a consolidar os seus obxectivos estratéxicos cunha tecnoloxía mellorada.
Concello de Ourense