Impulsión educativa no Concello de Begonte

A operación supón un importante investimento, xa que comprendería obras de renovación no Colexio de Begonte, así como a reforma do edificio do actual Colexio de Baamonde para Conservatorio profesional de música, e a construción dun auditorio dentro deste para as actividades do centro e para concentrar nesta instalación cultural diversas actividades culturais do concello. O actual Polideportivo do Colexio de Baamonde manteriase na súa función de promoción deportiva na localidade.
As xestións e negociacións parecen ir por bo camiño e o goberno municipal de Begonte confía en poder levar adiante esta operación o próximo 2021, Ano Santo, do que tanto espera tamén este concello, e especialmente a localidade de Baamonde, enclavada no Camiño Norte a Compostela. Por se a operación pode levarse a efecto, os servizos técnicos do Concello están traballando na plasmación desta idea no correspondente proxecto técnico.
Esta iniciativa forma parte dunha estratexia xeral do Concello de Begone dirixida a fixar e atraer poboación, freando o despoboamento que afecta a grandes zonas do noso rural, facendo atractiva a vida nesta zona mediante a dotación de servizos básicos entre os que estaría asimesmo a creación dunha gardería ou un Punto de Atención á Infancia.
Concello de Begonte