O Consello Galego de Pesca solicita que o novo Comité Europeo de Augas Occidentais do Sur teña sede en Galicia

Cómpre lembrar que a falta de apoio do Goberno Central á candidatura galega para ser sede doutro RAC, o de Augas Exteriores, obrigou recentemente á Consellería de Pesca a retirar a oferta galega para albergar este organismo da UE.
A Xunta defenderá as inciativas do Consello Galego para paliar a subida do petróleo.-
Por outra banda, o Pleno do Consello Galego de Pesca abordou a disminución da rendibilidade da actividade pesqueira provocada pola subida dos precios do combustible O Pleno nomeu unha Comisión ad hoc de representantes de sector que redactarán posibles alternativas para compensar a subida do gasóleo.
Gracias a esta inciativa, o sector pesqueiro galego contará cun documento con propostas consesuadas e concretas. A Consellería de Pesca defenderá estas alternativas diante do Goberno Central e da Unión Europea, que son as administracións con competencias sobre as posibles compensacións ó polo precio dos combustibles. As solucións que propoña a Comisión creada deberán ser aprobadas de novo polo Pleno do Consello Galego de Pesca. A búsqueda de solucións a subida dos combustibles era o único obxectivo inicialmente previsto do Pleno de hoxe, sendo a resolución de apoio ó establecemento do RAC en Galicia unha novidade fóra do orde do Día.
O Pleno do Consello Galego de Pesca está formado por 50 membros representantes da administración, sindicatos, confrarías e armadores representado ós sectores empresariais extractivo, conserveiro, comercializador e da industria de transformación. A xuntanza de hoxe foi presidida polo secretario xeral da Consellería de Pesca, Miguel López Sieiro.
Gabinete de Comunicación da Consellería de pesca da Xunta de Galicia