Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Pinturas da 'era de acuario'

Nela, García busca abordar “a entrada da humanidade nun novo tempo e nunha nova terra, na era de acuario”, sinalou este mércores na súa presentación. Xunto cun lenzo de grandes dimensións, dez cadros conforman unha mostra que o artista define como “pintura dixital”, xa que as obras foron realizadas coas mans, o que lle permitiu, salientou, “trasladar a enerxía que levo o meu interior, as emocións, aos lenzos”.

Completada cunha proxección audiovisual, a exposición foi creada coa idea de que “recorrendo todas as pinturas, como se foran fotogramas dunha película”, a mostra permita “contar unha historia” ao espectador, unha historia que “neste caso é a da era de acuario, o ascenso da humanidade a esta quinta dimensión”. Con esa idea, Elohim empregou para as súas obras pinturas fluorescentes, de tal xeito que apagando a iluminación da sala “e activando unha luz negra, as pinturas mudan e nos permiten ver esa quinta dimensión”.

Universidade de Vigo