Anatomía da primeira onda
Dito estudio está asinado polos profesores da USC Alberto Ruano Raviña e Mónica Pérez-Rios, xunto con Mª Isolina Santiago Pérez da Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia e Mª Esther López Vizcaíno do Instituto Galego de Estatística.
“O estudo que acaba de ver a luz establece niveis de alerta en función da taxa de incidencia a sete días cunha moi boa capacidade de discriminación da evolución dos casos por provincia”, apuntan os investigadores. Estes niveis son capaces de predicir a maior ou menor diseminación da COVID-19 en función de dúas compoñentes principais que consideran, por unha banda, a tendencia global da incidencia acumulada e, por outra, a velocidade de crecemento ou decrecemento de dita incidencia no período analizado.
O estudo clasificou todas as provincias españolas en tres grupos: provincias con mala evolución (10 provincias), evolución intermedia (17 provincias) e boa evolución (25 provincias) cunha grande exactitude para o período analizado. O estudo propón niveis de alerta epidemiolóxica con taxas de incidencia a sete días que permiten clasificar as provincias coma de risco intermedio (134 casos por 100.000) e de risco alto (167 casos por 100.000). Os autores da investigación destacan que estas taxas son máis conservadoras das que se manexan na actualidade, pero tamén subliñan que estes resultados non son aplicábeis á situación actual da pandemia en España.
Distribución xeográfica
“As provincias de mellor evolución concéntranse no sueste da península (Andalucía, Murcia, a Comunidade Valenciana, ademais de Badaxoz e Tarragona) e no noroeste (Galicia –excepto Ourense– Asturias, Zamora, ademais de Navarra), e as de peor evolución forman un arco dende Salamanca a Araba pasando por Madrid, ademais de Cuenca, Albacete e Cidade Real”, explican os investigadores.
“A metodoloxía proposta podería ser útil para outros países, aínda que previamente sería necesario facer estudos similares para comprobar a súa utilidade e se se mantén o grao de discriminación”, apuntan. “Que saibamos, este é o primeiro estudo que aplica esta metodoloxía para predicir o comportamento da pandemia baseado na incidencia da enfermidade”, conclúen.

Universidade de Santiago de Compostela