Presentado o programa '6coreógrafas' de Paula Quintas co gallo da celebración do Día da Danza

Con este programa, Paula Quintas completa o proxecto de reactivación co que se presentou á convocatoria para o impulso do sector escénico, dentro do que o ano pasado desenvolveu no Teatro Principal cadansúa residencia artística dos espectáculos SET e Plastic co fin de retomar a súa xira dentro e fóra de Galicia tras o adiamento por mor da pandemia.
Reforzo da danza
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, situou a danza entre as prioridades do seu departamento con iniciativas como a especial protección desta disciplina no deseño das axudas dirixidas ao conxunto do sector escénico. Foi o caso da devandita convocatoria de impulso, que reservou especificamente 100.000 euros para as propostas coreográficas e que foron distribuídos entre 12 compañías.
Referiuse tamén a iniciativas como o Plan Integral para a Danza de Galicia, en proceso de elaboración, e as coproducións e programas formativos do Centro Coreográfico Galego, así como aos proxectos que xa están a tomar forma no marco do Xacobeo 2021.
Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)