A Mostra de Teatro Universitario de Galicia 2021 bota a andarcoa obra 'A casa da forza'

V Mostra de Teatro Universitario de León
A compañía de teatro USC-Lugo presentará, pola súa parte, este domingo 2 de maio, a partir das 19.30 horas, no Teatro El Albéitar da Universidade de León, A Emperadora, no marco da V Mostra de Teatro Universitario de León. Esta peza é unha comedia negra baseada en feitos reais que recrea a existencia dunha aldea rural da provincia de Lugo cuxa vida se ve alterada polo pasamento dunha das súas veciñas. O velorio desta señora, que respondía ao alcume de ‘A Emperadora’ e non era especialmente querida pola veciñanza, prolóngase durante tres días e convértese nun fito de interese para multitude de persoas atraídas polos curiosos rumores da súa vestimenta.
A obra, na que interveñen un elenco de actores e actrices afeccionadas formado por Adrián Valdés, Ángela Oliveira, Julia Lacleta, Lucía Parga, María Rodríguez, Mariña Pena, Martina Gandoy e Michael Pereira, permite ao público e ás propias fillas da finada, descubrir a súa verdadeira identidade a partir dos testemuños e das anécdotas das persoas que visitan o seu cadaleito.
Universidade de Santiago de Compostela