'Mazurca para 2 poetas': Voces novas na Fundación Pública Camilo José Cela
Ao longo de tres venres de xuño, propiciaremos emocionantes ocasións nas que eses nomes consagrados dialoguen e reciten a carón dos primeiros. E, co mesmo espírito mozo, pequenos concertos de música electrónica galega levarán á terraza da Fundación unha fin de festa para gozar.
As sesións poderanse aproveitar para comezar cunha visita ao Museo Camilo José Cela a partir das 18:30h. Nun esquema que se repetirá para cada data, as actividades continuarán coa conversa entre as parellas de poetas ás 19:30h, seguidas do seu recital poético ás 20:30h. Tras unha pequena pausa, os pequenos concertos poñerán o ramo ao aire libre (se a meteoroloxía o permite) dende as 21:20h ata arredor das 22h. Seguindo un protocolo anti-covid, é precisa inscrición previa no enderezo electrónico visitas@fundacioncela.com.
Deste xeito, o programa dará comezo este venres 4 de xuño convidando ao noiés nacido en Mazaricos Ismael Ramos (1994) a que intercambie poemas e ideas sobre a poesía coa que probablemente sexa a súa máis admirada poeta contemporánea: a británica Alice Oswald. O que foi Premio Javier Morote ao mellor libro publicado por un autor/a novo/a en 2019 en España e acaba de editar o poemario Lixeiro, compartirá recital e conversa cunha das voces máis consagradas da poesía europea: gañadora dos premios Forward, T. S. Eliot en dúas ocasións, Ted Hughes, Hawthornden, Warwick, o Premio Costa de Poesía, o Griffin e o Premio Cholmondeley á súa traxectoria, ademais de ser a primeira muller que –dende o século XVII– acada o prestixioso posto de Profesora de Poesía da Universidade de Oxford, sucedendo no cargo a nomes como W. H. Auden, Robert Graves ou Seamus Heaney.
Quen poña a clausura musical a esta velada será a francesa residente no rural ourensán Camille Hèdouin co seu imparable proxecto MounQup. A artista de orixes franco-italianas e costa-marfileñas Premio Narf e Martín Códax á mellor artista electrónica do ano mestura atmosferas sonoras de loops e samplers influídos por ritmos africanos ou pola experimentación industrial nórdica. Á espera da súa terceira entrega, os dous aclamados discos cos que conta levárona a máis de 80 concertos en coñecidos festivais galegos e estatais ademais de Alemaña, Portugal, Eslovaquia, Suecia e Francia.
O seguinte venres –día 11 de xuño– os convidados serán a Premio Nacional de Poesía Nova Alba Cid (Ourense, 1989) e un dos poetas máis prolíficos da contemporaneidade, o cubano residente nos Estados Unidos José Kozer (1940). Laura Lamontagne & PicoAmperio poñerán entón o mini-concerto de peche.
Para rematar a xeira, contarase o venres 25 de xuño con dous poetas españois en castelán, a Premio Nacional de Poesía Nova Berta García Faet (Valencia, 1988) e unha das voces máis influentes da súa xeración poética en España: o granadino Juan Andrés García Román (1979). Para a clausura musical do ciclo, a banda carballesa Chicharrón levará as cancións do seu último disco a un enfoque moi especial grazas á colaboración do acordeón de Rosalía Fernández Rial.
Enriquecedores plans de lecer e cultura, de arte, de formación literaria e de deleite ao aire libre para celebrar, neste mes de xuño, os 30 anos da Fundación Pública Galega Camilo José Cela.

Fundación Pública Camilo José Cela