Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A asociación cultural 'Cántigas e Frores' organiza a feira do 48

• Exposición de artesanía: ao longo das dúas xornadas haberá seis stands nos que expoñerán cinco dos mellores artesáns de instrumentos e traxes tradicionais galegos: Xaneco Tubío, Miguel Mosquera, Traxandaina, Lis Latas, Bolboreta Fiandeira; xunto cun stand adicado a Cántigas e Frores.
• Pregoeiro: a persoa escollida para realizar o pregón desta segunda edición da Feira do 48 é Isidoro Rodríguez.
• Actuacións musicais e de Baile Tradicional Galego: durante as dúas xornadas a ambientación musical correrá a cargo das diferentes formacións que forman parte do organigrama de Cántigas e Frores: Banda de Gaitas, Grupo de Baile Tradicional, Grupo de Cantareiros, Murga, Grupo de Cantareiras, Coro Galego, Cuarteto Tradicional.
• Ruadas: ao remate das dúas xornadas haberá unha Ruada, trátase de dúas festas amenizadas por grupos de recoñecido prestixio:

Ruada do sábado: contará coa Murga de Cántigas e Frores, de Caamaño e Ameixeiras a maiores dos Cantareiras e de Cántigas e Frores.
Ruada do domingo: contará coas actuacións do Grupo de Baile de Cántigas e Frores, Caldo e do Grupo de Cantareiros de Cántigas e Frores.

HORARIOS

Sábado:
11:48 Apertura da Feira e pregón a cargo de Isidoro Rodríguez
12:48 Concerto da Cuarteto de Gaitas de Cántigas e Frores
14 Peche da Feira
17:48 Apertura da Feira
18:48 Actuación da Murga de Cántigas e Frores
19:48 Concerto de Caamaño & Ameixeiras
20:48 Concerto das Cantareiras de Cántigas e Frores

Domingo:
11:48 Apertura da Feira e Pasarrúas
12:48 Concerto da Banda de Gaitas de Cántigas e Frores
13:48 Peche da Feira
18:48 Actuación do Grupo de Baile de Cántigas e Frores,
19:48 Concerto de Caldo
20:48 Concerto dos Cantareiros de Cántigas e Frores

A entrada aos concertos será de balde ata completar aforo, con previa reserva de butacas no mail cantigasefrores1948@gmail.com.

Cántigas e Frores, 73 anos traballando en prol da cultura tradicional

A Asociación Cultural Cántigas e Frores de Lugo. Asociación Cultural “Cántigas e Frores” que naceu na cidade de Lugo no ano 1948 como unión de dúas agrupacións corais existentes, ”Cantigas e Aturuxos” e “Frores e Silveiras”.

Dende aquel momento e ata hoxe, a asociación inicia un longo camiño, tendo sempre por obxectivos principais o estudo, fomento, posta en valor e divulgación da cultura tradicional galega. A partires dos seus comezos, a Asociación Cultural “Cantigas e Frores” traballou de xeito continuo, respectando sempre as nosas tradicións, realizando ao longo da súa historia innumerables labores de investigación, organización de cursos, encontros de música e baile tradicional, festivais, ...

“Cántigas e Frores” ten participado en innumerables festivais, achegando as nosas tradicións e representando á cidade de Lugo ó longo de toda a península ibérica, Europa, América ou Asia, e transmitindo en todas as súas actuacións emotivos momentos a homes e mulleres galegos que están lonxe da súa terra dende hai anos e tamén dando a oportunidade de vivir de preto a cultura dos seus pais ou avós a moreas de descendentes de galegos que residen fóra do noso país.

Outras actividades destacadas que organiza Cántigas e Frores, e que xa son unha tradición en si dentro e fóra da Asociación, son o Curso de Cultura Tradicional e o Festival de Música e Baile de San Froilán, tendo ambos carácter anual.
Cántigas e Frores