O Encontro Universitario de Danza retorna ao Vello Cárcere de Lugo con creacións de catro compañías

As creacións artísticas da compañía SanTango, liderada por Ezequiel Castillo e Chusa Pérez de Vallejo, darán continuidade o xoves ao programa deste festival. Ao seu remate, a formación Danza USC-Lugo, dirixida tamén por Juan Carlos Zahera, pechará a quenda de actuacións da xornada inaugural deste certame artístico con ‘Alumea’, unha escenografía que conta con coreografía de Rosa Acuña.
O programa do XX Encontro Universitario de Danza rematará o 22 de abril no Vello Cárcere de Lugo, tamén a partir das 21.00 horas, coa intervención da compañía do campus ourensán D-ou-tras, que presentará na xornada de clausura do Encontro Universitario de Danza de Lugo a obra ‘Maloserá’, con coreografía de Nuria Sotelo. De seguido, as compañías do Espazo de Danza da USC ofrecerán un novo pase das súas escenografías.
A entrada a todas as funcións programadas no marco do XX Encontro Universitario de Danza de Lugo é libre e de balde ata completar a capacidade da sala.
Universidade de Santiago de Compostela