USC e UDC realizarán un estudo para o Concello da Coruña para a creación dun operador enerxético municipal

O 3 de decembro do 2021, o pleno do Concello aprobou un acordo de impulso á creación dun operador enerxético municipal, así como o encargo a Emalcsa da creación dun mapa das enerxías renovables. Para este fin, incluíuse no Orzamento municipal deste 2022 unha partida que permitise a realización deste estudo encargado á UDC e USC. O obxectivo é contar co mellor coñecemento experto dispoñible, dada a escaseza de experiencias existentes en materia de implantación de operadores eléctricos municipais.
O convenio establece que ambas as dúas universidades deberán establecer un contexto regulatorio amplo, identificando o encaixe deste novo operador na lexislación actual. Tamén deberán determinar as posibles funcións do operador, como poden ser a xeración propia de enerxía, a adquisición de electricidade no mercado maiorista ou a subministración de electricidade para autoconsumo municipal ou de terceiros. As universidades constituirán un equipo de investigación conxunto formado por expertos en Dereito Administrativo e Economía Financeira.
Universidade da Coruña