Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Reunión da Coordinadora de Concellos Afectados polo Ave Santiago-Ourense

CONVOCAMOS unha reunión plenaria da Coordinadora dos Concellos Afectados para o próximo venres, 22 de abril, ás 21 horas nas escolas de Ponte Ulla, co fin de estudiarmos a nova situación e as medidas a tomar en defensa do trazado oficial do AVE polos nosos concellos, licitado e pendente de expropiacións, por ser como é sabido (en Galicia) o que causa un menor impacto social, asegurando a realización das obras nos prazos previstos así como as condicións técnicas para que Galicia dispoña dun acceso verdadeiro de alta velocidade a Madrid.

A COORDINADORA DOS CONCELLOS AFECTADOS POLO AVE SANTIAGO-OURENSE constituíuse en setembro de 2002 polas entidades veciñais e políticas abaixo citadas, contra a intención do Ministerio de Fomento daquel entón (felizmente rectificada o 27 de xaneiro de 2003) de variar de xeito arbitrario o trazado do AVE, a petición dun empresario particular, facéndoo pasar por riba das nosas vivendas.

Lamentablemente o retorno do “tren fantasma” obríganos a retomar a nosa mobilización unitaria onde a deixamos hai dous anos, en favor dos veciños directamente afectados por innecesario e ruín cambio de trazado, en favor do propio interés xeral da cidadanía e de Galicia.


COMISIÓN DE AFECTADOS DE VEDRA (981 81 48 03)
COMISIÓN DE AFECTADOS DE BOQUEIXÓN (981 51 42 93)
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE SAN MIGUEL DE CASTRO-A ESTRADA
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE PONTE ULLA-VEDRA
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA-VEDRA
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE SAN MAMEDE DE RIBADULLA-VEDRA
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE SAN XULIÁN DE SALES-VEDRA
ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS VALDEULLA-VEDRA
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE CODESO-BOQUEIXÓN
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS AREOSA DE SERGUDE-BOQUEIXÓN
PSdeG-PSOE DE BOQUEIXÓN
BNG DE BOQUEIXÓN
PARTIDO POPULAR DE BOQUEIXÓN
PARTIDO POPULAR DE VEDRA
ALTERNATIVA VECIÑAL INDEPENDENTE POR VEDRA (AVIVE)
PsdeG-PSOE DE VEDRA
BNG DE VEDRA
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE ARINS-SANTIAGO
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE O EIXO-SANTIAGO
BNG DE A ESTRADA
PSdeG-PSOE DE A ESTRADA

Coordinadora de Concellos Afectados polo Ave Santiago-Ourense