Compañías das tres universidades galegas danse cita no Encontro Universitario de Danza en Compostela
A obra ‘Alento’ da USC será a encargada de pechar a sesión. A entrada é libre e gratuíta para todas as representacións ata completar a capacidade do espazo.
A aula de danza da Universidade da Coruña presentará ‘Á espera de...’, unha proposta escénica que reflexiona dende o movemento sobre o acto de agardar. Inspirada na obra de Samuel Beckett, ‘Á espera de Godot’, a dirección da intervención é de Alba Fernández Cotelo con coreografía colectiva. As bailarinas e os bailaríns serán Daniela Castellanos, Remedios Cuba, Cristina Nogueira, Alfonso Louro, Elías Álvarez, Fabiola Fraga, Tania Galán, Estefanía Calo, Ana Blanco, Aida García, Jacqueline Reimúndez, Marta Argüelles e Lucía Castro.
A compañía ‘D-ou-tras’, do campus de Ourense da Universidade de Vigo dará continuidade á quenda de representacións da xornada coa presentación de ‘Corpos celestes’, froito dun traballo de investigación ao redor das traxectorias dos corpos celestes e as diferentes densidades do aire. Ainhoa Viñuela, Alicia Fraga, Ánxela González, Daniele Tommasini, Diego Negro, Belén Ferro, Rosa Puga, Laura Lozano, Mercedes Ferro e Sira Gonzále conforman o elenco de intérpretes desta obra, que conta con coreografía de Nuria Sotelo.
Finalmente, a compañía de Danza da USC, xunto coa formación ‘Sen Vergoña’, integrada por alumnado do programa de IV Ciclo da USC e que conta con Juan Carlos Zahera como director artístico, baixará o pano deste encontro de danza coa función ‘Alento’. Esta nova produción da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura “fai alusión ao primeiro e último que temos nesta viaxe da vida; o que nos impulsa á acción e nos frea ante as situacións difíciles, o que nos anima a danzar e a expresar: o alento”, explican dende a dirección da peza. Ayla Leiva, Sonia L. Pumarega, Carmen Sarmiento, Dolores Besteiro, Herminda Méndez, Beatriz Ovalle, Rosa Menéndez, Sabela Rodríguez e Victoria Vázquez conforman o elenco que interpretará a obra, que conta con coreografía de Rosa Acuña e música de Armand Amar. Sabela Rodríguez é a autora do texto, ao que pon voz Xosé Valcárcel.
Petisco
Como aperitivo ao prato forte do festival, o Encontro de Danza celebrou o luns 17, tamén no Teatro Principal, o MilongUSC, un espazo onde as persoas amantes do tango e da milonga puideron reunirse para bailar e socializar. “É un lugar onde se respira o ambiente do tango e se comparte a paixón polo baile”, explica o responsable do Espazo de Danza, Juan Carlos Zahera. “A milonga é un lugar de encontro dos e das amantes do tango e da milonga, onde se comparten experiencias, se practica baile e se goza da música nun ambiente amigable e social”, engade. O evento contou coa participación do alumnado do curso de danza-tango 22/23 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosaron o aprendido ao longo do curso.

Universidade de Santiago de Compostela (USC)