O festival Resis programa unha semana con catro eventos en distintos espazos da Coruña
Tras unha primeira semana inaugural con todos os aforos completos, o Festival RESIS de Música Contemporánea e Artes Vivas encara agora a súa segunda semana con catro eventos, entre concertos e outras actividades.
Xoves 20 de abril | Concerto Dèserts da Banda Municipal no Teatro Colón
A primeira cita co festival coruñés esta semana será a do concerto Dèserts da Banda Municipal, este xoves, 20 de abril, ás 20:00 no Teatro Colón. Como director convidado exercerá José Trigueros, actual director asociado da Orquestra Sinfónica de Galicia e convidado recorrente da Nueva Orquesta Nacional de España. A entrada será de balde ata completar aforo, sen ser necesaria reserva previa.
Venres 21 de abril | Concerto Só un Solo de Mario G. Cortizo en Palexco
Este venres 21 de abril ás 20:00, terá lugar outro concerto, Só un Solo, na Sala Municipal de Exposicións de Palexco. Nel, o compositor Mario G. Cortizo interpretará como percusionista solista tres pezas propias. Trátase da estrea do resultado da primera edición das Residencias Artísticas de Mariñán da Deputación da Coruña. A entrada, de balde, deberá reservarse en ataquilla.com ou no quiosco de praza Ourense.
Sábado 22 de abril | Instalación sonora na Casa Museo Casares Quiroga e proxección na Domus
Por outra banda, á 13:00 do sábado 22 de abril, abrirase ao público a instalación sonora Organismo / Organscape na Casa Museo Casares Quiroga. Trátase dunha obra do artista sonoro e investigador galego Xoán-Xil López, que se poderá visitar ata o 6 de maio. A entrada é libre ata completar aforo.
Finalmente, ás 20:00 do sábado 22 de abril, a Domus albergará a proxección do filme de danza multidisciplinar Mist, dos neerlandeses Damien Jalet e Nederlands Dans Theater. Será necesario reservar as entradas gratuitamente en ataquilla.com ou no quiosco de praza Ourense.
O Festival RESIS continuará coa súa programación ata o vindeiro 6 de maio, cun amplo programa de actividades e concertos. Baixo o patrocinio do Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o INAEM, o Festival RESIS consolida o seu éxito cada ano entre o público, a crítica e os profesionais do ámbito coa súa aposta por un festival galego e internacional.

Festival Resis