Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Éxito rotundo na oitava edición do Esmorga Fest

O sábado e en xornada de “portas abertas” o festival desprazábase ao recinto histórico da Unión, un lugar de gran beleza arquitectónica rodeado de xardíns con árbores centenarias, onde conseguían reunir a un publico multi-xeracional. Grazas á incorporación do “Esmorguiña Fest” na que se incluían actividades para os nenos conseguían nesta edición que tanto sarriáns como foráneos de todas as idades reunísense cun fin común, gozar dunha festa para todos.
Gastronomía con degustación gratuíta a cargo de Cárnicas Teijeiro, Queserías Sarriás e Panadería Pallares completaban ao resto de actividades que se daban lugar neste recinto. Moi destacable a actuación de Castro e Grande Amore durante as horas de tarde do sábado.

A cita continuaba de noite de novo na sala Litmar, onde facían comuñón artistas e público para demostrar o que fai único ao Esmorga Fest, un ambiente de “bon rollo” para todos os amantes da música.

O público mostrábase entusiasmado polas grandes actuacións de bdrmm, Los Punsetes ou Yawners, onde non se deixou de bailar ata poñer o broche final ao festival a golpe da electrónica de Cora Novoa.

Así se poñía punto e seguido para a mellor edición ata a data, que confirma a repetida frase entre asistentes, artistas e organizadores de #infinitaesmorga.

A organización do festival traslada o seu agradecemento incondicional a todos os asistentes, artistas, técnicos de produción, patrocinadores locais e á Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Turismo de Galicia dá Xunta de Galicia, Concello de Sarria e SON Estrella Galicia.
Esmorga Fest