Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

As Xornadas de Música Contemporánea desenvolveranse do 1 ao 27 de xuño

Dez propostas achegarán de novo a música dos séculos XX e XXI a Compostela, nunha nova edición das Xornadas de Música Contemporánea, en cuxa organización intervén a USC, que terán lugar do 1 ao 27 de xuño en varios espazos da cidade, con entradas de balde. As XMC están organizadas por Auditorio de Galicia e o Centro Galego de Arte Contemporánea, e contan co apoio económico da Deputación da Coruña.

A vicerreitora de estudantes e cultura da USC, Pilar Murias; a concelleira de Acción Cultural en funcións, Mercedes Rosón; o deputado provincial en funcións, Xurxo Couto; o director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Santiago Olmo xunto ao director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, presentaron unha nova edición destas Xornadas baixo o título 'A voz a escena'.
Universidade de Santiago de Compostela (USC)