Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Marcos Méndez achega a súa experiencia como xornalista en Ucraína no Centro Internacional de Prensa

Méndez púxolle cara á guerra a través sobre todo da Televisión de Galicia e das canles de Mediaset. A charla tivo de convidada tamén a Miriam González, xornalista ourensá que tivo a ocasión de participar dende Kiev a través de videoconferencia.

Ao encontro acudiron moitos xornalistas que plantexaron as súas preguntas aos dous correponsais. Marcos Méndez contou que empezou traballando como freelance ao principio do conflito bélico só co seu móbil. Asimesmo, reivindica a necesidade de traballar con equipos profesionais e os medios e orzamentos necesarios neste tipo de traballo, para garantir, afirma, «a calidade da información».

Estivo nos principais escenarios da guerra, como Mariupol, Kiev, Kharkiv e Bucha, que el describe como unha das experiencias máis impresionantes da súa carreira. Contou que compartiu o medo da xente e como abrazaban os xornalistas e lles narraban as terribles experiencias.

Miriam González, que informa da guerra dende Kiev a medios dixitais galegos, leva anos coñecendo a realidade das repúblicas exsoviéticas, onde viviu dende hai anos. Aínda agora asegura que nunca pensou que o goberno ruso fixese o que fixo e lamenta que nos medios de comunicación occidentais non sexa fácil informar de temas que non estean directamente relacionado co enfrontamento bélico, algo que ela considera tamén moi importante para poder facer un xornalismo con rigor desta guerra.
Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela