Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Fancine de Lemos 2023 presenta a súa programación oficial

“Ter recibido máis de duascentas curtametraxes significa que o festival está consolidado non só a nivel nacional senón tamén internacional. Despois de tantas edicións, a Fancine de Lemos é unha auténtica aposta polas curtametraxes dentro dos festivais de cine fantástico en España”, destaca Iván Patiño, director do festival dende a súa creación en 2014.

A novena edición do Fancine de Lemos celebrarase entre os días 5 e 9 de xullo e contará cunha selección oficial de vintetres curtametraxes a concurso, escollidas entre máis de trescentas obras do máis puro xénero de terror (“Compañeiros”, de Fernando Tato; "Adorable" de Marcos Colombres; "Cadeas" de Álvaro López; "Dativa" de Daniel Calavera; "Fantaterror" de Néstor Arránz e Óscar Rip; "Psicario" de Daniel Padró Targarona; "Luna" de Daniel M. Caneiro) , outras que engloban o fantástico ("Lique", de Anita Pico; "No hay fantasmas", de Nacho Solana; "Ovo", de Stiv Spasojevic; "White Butterflies", de Shuangshuang Yu e Jara García de Viedma), pezas de animación (“Boxfox”, de Aurora González Segura, Ángela Ronco Núñez e Juan José Romero Cortina; “Dennis”, de Carlos Beceiro e Guillermo Garzón), suspense (“A moza da bufanda vermella”, de Martín Cainzos; “Visión parcial de una mañana insólita”, de David Tangarife; “Psycho Shower”, de Yoel Rodríguez.), thriller psicolóxico (“Anecoica”, de Marcos Callejo; "Broken wings” de Carlos Albero; "En tu mente" de Miguel Bañares; "Retap" de Víctor Marín).

Completan a oferta, cintas de humor terrorífico coma “Pandemia Zombie” de Ignacio Rodó onde mascarillas , aislamentos y pandemias conviven con zombies ou “Els Mal”, de David Mataró, unha película de amor adolescente entre vampiros.

Tampouco faltarán obras con referencias ao mundo de lendas galegas coma “O neno sardiña”, de Lucía Estevéz, unha historia de mitos, ríos e entroido que ven de recever o premio á mellor banda sonora en Cans.

Apostas diversas que, segundo Iván Patiño, “reafirman a nosa crenza na importancia deste formato como precursor e inicio de grandes directores e directores”.

As curtametraxes proxectaranse en catro proxeccións diferentes durante o festival e optarán a catro premios: Mellor Curtametraxe Nacional, Mellor Curtametraxe Internacional, Premio Especial do Público e Premio Algueira á Mellor Curtametraxe Galega, que se dará a coñecer na gala de clausura que terá lugar o sábado 8 de xullo na Casa da Cultura Lois Pereiro.

O xurado estará composto por tres mulleres con ampla experiencia e coñecementos no mundo do cine: Aída Cordero (directora, produtora e membro do CIMA), Marian Salgado (actriz e actriz de dobraxe) e Marina Doutón (concelleira de Cultura do Concello). de Moforte).

A programación de cine tamén inclúe seis longametraxes con opcións para todos os públicos: “O Corpo aberto” (Ángeles Huerta, 2022) e “Unicorn Wars” (Alberto Vázquez, 2022, Premio Goya á mellor película de animación) son “unha teima persoal por incluir producciones gallegas”, destaca Patiño. Ambas proxeccións contarán coa presenza dos seus directores. “Scobby!” (Tony Cervone, 2022) é a oferta dirixida ao público infantil e xuvenil. 'La endemoniada' (Amando de Ossorio, 1975) reivindica o mejor do Fantaterror español e homenaxea a unha das grandes artistas do xénero en España, Marian Salgado, a quen poderemos ver na outra grande aposta do festival: O pase especial de “El excorcista” (William Friedkin, 1973) con motivo do seu cincuenta aniversario.

A oferta de longametraxes complétase cunha proxección sorpresa que tendrá lugar o venres á noite no Parque dos Condes.

Marian Salgado, premio honorífico Fancine 2023

O Fancine de Lemos homenaxea na súa novena edición a Marian Salgado, unha das figuras máis importantes do fanterror español. Contaremos coa presenza da actriz que recollerá o premio honorífico 2023 e que estará presente na proxección de "La Endemoniada".

Teremos a oportunidade de compartir con Marian unha charla sobre o fanterror español, e a presentación do seu novo libro de relatos "Lo extraño que hay en mi" (Applehead Team Creations, 2022). Marian Salgado é actriz e actriz de dobraxe. Foi a voz de Linda Blair en "El Exorcista" (1973), protagonizou "La endemoniada" (1975), participou en "El extraño amor de los vampiros" (1975), en "¿Quién puede matar a un niño? (1976) e interpretou un gran número de personaxes en teatro, cine e radio ademais de ser autor de dous libros.

Exposicións, mesas redondas, vermús de cine e moito máis

Durante os cinco días de festival, os asistentes ao Fancine de Lemos poderán gozar dun calendario de actividades paralelas. Un dos fitos importantes desta edición é a Mostra "Obxectos de cine malditos", unha versión diferente, divertida e única das réplicas das pezas máis coñecidas do mundo do terror: Os icónicos e terroríficos obxectos da gran pantalla a man de Marc Pujol, escenógrafo, amante do macabro e creador de Anomalia, un estudo dedicado a facer pezas únicas de terror para o mundo audiovisual. Pódese visitar na Casa da Cultura Lois Pereiro.

O ciclo de charlas e coloquios xera espazos de encontro entre profesionais do sector onde compartir puntos de vista. Dentro deste ciclo teremos a oportunidade de escoitar a Alberto Díaz, fundador de Yaq Distribución na charla: "A distribución no mundo das curtametraxes e a autoconciencia da obra".

Teremos unha Mesa Redonda conUnicorn Wars e Gato Estudio: Un coloquio arredor dos procesos e desenvolvemento do cinema de animación. Un repaso ao estado actual deste xénero e as posibilidades e dificultades de levar a cabo os proxectos.

O historiador monfortino Felipe Aira achéganos a historia máis misteriosa e inquietante das terras máxicas de Lemos da man da charla "Veciños da Terra de Lemos acusados de meigas, adiviñas e feiticeiros" Da man de Marian Salgado, Aida Cordero e Reinaldo Pereira, poderemos gozar dunha sesión vermú moi especial: Vermú-coloquio sobre fanterror español, onde abordaremos o panorama español e repasaremos aos grandes directores de xénero deste país.

O broche final do festival será a proxección da película "O excorcista". A continuación, Marc Castro impartirá unha charla sobre "50 anos de O excorcista", onde falará do aniversario da película e da súa importancia na sétima arte.
Fancine de Lemos