Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Presentado o festival de cultura urbana Rompetiño Jump 2023

O sábado 1 está previsto comezar os adestramentos ás 11h e comezarán as competicións as 16h, finalizando ás 20h coa entrega de premios. O domingo comezarán os adestramentos de Skate ás 11h e se celebrará o Skatecup ás 16h.

Este ano vólvese a apostar polo Basket 3x3, despois da boa acollida da edición anterior. Serán dúas xornadas, sábado 1 e domingo 2 con competicións desde as 10h ata as 20h repartidas en catro categorías. O mesmo tempo, no escenario Rompiente ubicado na zona deportiva, comezarán o sábado as competicións da Liga Galega de Breakin, e o Rompe Dance o Domingo, ámbolos dous as 16h cada día. O recinto se completará con talleres de Graffiti, Parkour e Skimboard, sumándose a zona de nenos con talleres cargo da Escola Infantil Agasalle de Santiago de Compostela.

Por outra banda o festival presentou nestes días dous dos seus produtos máis esperados; a revista do festival e o anuncio oficial do Rompe. Xa está dispoñible a revista na páxina web do festival rompetino.gal e se comezará a repartir polos puntos habituais nos vindeiros días. Tamén estará dispoñible en papel no propio festival de xeito gratuito, incluíndo a programación do mesmo. O anuncio deste ano titúlase Somos Rompe, e intenta ofrecer unha mirada sinxela e arraigada do que significa o festival a través dun videomapping sobre camisetas nun tendal.

O mércores 14 de xuño presentouse a camiseta e o suadoiro do festival no acto de presentación que se levou a cabo no centro de interpretación do Castro de Baroña en Porto do Son, e estará a venda na tenda Rompiente nas diferentes zonas do Rompe. O festival conta co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que xenera encontros en torno ao directo. Rompiente Clothing na súa aposta polo talento xoven, apoia ao Rompetiño Jump como plataforma de lanzamento artístico sobre un marco e un escenario inigualable.
Rompetiño Jump