A Xunta destina máis de 2 millóns de euros a financiar accións formativas dirixidas a traballadores ocupados
A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais destinará este ano 2.127.107 euros a subvencionar accións formativas dirixidas a traballadores ocupados confinanciadas polo Fondo Social Europeo. A orde adáptase ás necesidades do sector textil, en base aos contactos mantidos pola Administración autonómica con representantes dos talleres e atendendo ás súas prioridades, entre as que figura a impartición de accións formativas nos periodos de paro de fabricación.
A partida orzamentaria financiará dous tipos de accións: as referidas ás especialidades incluídas no Catálogo Nacional de Especialidades Formativas de Formación Profesional Ocupacional e as que se poidan considerar de carácter estratéxico e/ou experimental.
Estas últimas deberán permitir que os seus usuarios adquiran os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios ante a incorporación de tecnoloxías avanzadas nos seus postos de traballo, especialmente as derivadas da sociedade da información; afrontar con éxito, no seu caso, a reconversión do seu posto de traballo, aumentando así a estabilidade laboral; e ampliar as súas posibilidades de formación profesional.
Estas actividades formativas serán obxecto de subvención para compensar os custos derivados da súa execución na proporción que se determine, sempre e cando se trate de gastos xustificables. As accións dirixidas específicamente a alumnos discapacitados veranse incrementadas nun 35% co obxecto de financiar o persoal de apoio, a adaptación curricular ou o materal didáctico que sexa necesario.
Como norma xeral, a selección dos alumnos participantes nestes cursos será efectuada pola entidade adxudicataria a través de convocatoria pública que deberá publicitarse axeitadamente. Os alumnos seleccionados non poderán asistir simultaneamente a outra acividade formativa subvencionada no marco desta iniciativa.
SECTOR TEXTIL
Segundo a orde, terán prioridade para participar nestas accións formativas os traballadores ocupados nas pequenas e medianas empresas, os socios traballadores das cooperativas e os autónomos, sempre e cando se trate de residentes en Galicia. Tamén gozarán de prioridade os maiores de 45 anos en sectores nos que se introduzan as novas tecnoloxías, empregados de sectores ou zonas en proceso de reconversión, os traballadores con dificultades para o acceso á formación e outros traballadores desfavorecidos.
Deste xeito, o Goberno galego promove a participación dos empregados do sector textil, en base ás suxerencias realizadas polos representantes dos talleres nas reunións mantidas con persoal da Xunta. Con esta iniciativa, facilítaselles o acceso a unha formación que lles permita afrontar os novos retos laborais derivados da deslocalización empresarial. Este fenómeno esixe unha maior especialización dos empregados que permita ás empresas competir en calidade, a única vía posible para competir cos baixos salarios da man de obra doutras rexións.
As accións formativas recollidas na presente orde completaranse con outras nesta materia que se incluirán no Pacto de Albaida, que asinarán proximamente a Xunta de Galicia e o Observatorio Industrial Textil, un acordo do que xa foi informada esta entidade a través do Conselleiro de Innovación.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia