Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Crowfunding para reconstruir Asteleiros Fra

Neste senso, organizan visitas guiadas para os interesados en coñecer a carpintería de ribeira, e dan cursos para conseguir informar e formar de maneira que non se perda este oficio tan galego, esencial para a nosa costa e as súas xentes.

Un incendio que se sabe provocado destruíu as instalacións deste asteleiro, e a Familia Fra acode por todos os medios ao seu alcance para intentar conseguir axudas e volver a poñer en funcionamento estas instalacións.

Ata este momento, levan conseguido 11.590 euros, nunha primeira fase da campaña que esperan completar na primeira quincena do mes de setembro, e aínda que a cantidade é só simbólica a efectos da reconstrución, están moi satisfeitos pola resposta dos simpatizantes coa súa iniciativa, agradecen todas as aportacións, e solicitan que se continúe coas axudas por modestas que sexan, xa que todas serán decisivas á hora de conseguir que siga con vida este histórico asteleiro que alguén quixo borrar do mapa, pero o asteleiro e a familia que o sostén non van permitir que morra, coa axuda de toda a xente con boa vontade que queira apoialos.

Máis información: https://www.youtube.com/watch?v=Xn7z4fUThXI
Asteleiros Fra