O Festival Maré incorpora novos artistas, celebrará a Kepa Junkera e abrirá o proxecto europeo MATE
Moitos dos artistas que se incorporan á programación de Maré, forman parte dos contidos comúns do Proxecto Europeo MATE, un proxecto que une Galiza, Coimbra (Portugal) e Tesalónica (Grecia), que ten como base a música, a tecnoloxía, as artes e a educación. Este proxecto está deseñado para fomentar o intercoñecimento, a formación e a titoría e creación de empresas dentro do ámbito das industrias culturais creativas, con especial énfase no sector da música.
Ademáis de diversos encontros arredor da industria musical, dentro do proxecto MATE estarán representadas no marco do Festival Maré interesantes propostas musicais chegadas de diversos países do mundo. Desde o sofisticado proxecto dos cataláns Paul Battlle e Rita Payés ou os ritmos populares da Península Ibérica de Fetén Fetén, con convidados como Guadi Galego, Xosé Lois Romero e Pedro Pascual.
Tamén a orixinal proposta de Nidia Góngora, a colombiana encadrada no que a industria musical bautizou como Pacific Electronic, o dúo arxentino Fémina, unha proposta entre o hip-hop e o folklore latino das irmás Sofía e Clara Trucco ou a brasileira Livia Mattos, carismática acordeonista de Salvador de Bahía, que formou parte das bandas de grandes estrelas como Chico César ou Vanessa da Matta. Portugal terá a súa representación, ademáis da recoñecida artista Maro, xa anunciada, con Fado Bicha, o dúo de Lila Fadista e Joao Caçador dentro da liña de representatividadde LGTBI que busca o Festival Maré.
Entre os artistas galegos estarán músicos experimentados como Sumrrá, emblemático grupo de jazz, ou o debú da compostelana Gloria Pavía, que presentará co guitarrista Dani Liñeira o seu album debú “Novas flores”, que transita por ritmos entre o jazz e a música latinoamericana.
O Festival Maré programará tamén un tributo ao músico vasco Kepa Junkera, que en 2018 sufriu un ictus que lle obrigou a retirarse dos escenarios. Lonxe de afundirse, Junkera loita cada día para reinventarse e achegarase a Compostela o sábado 24 ás 16,30 horas para presentar no Salón Teatror “Berpiztu”, o filme dirixido por Fermín Alo, sobre este proceso. Maré tamén programará unha Éromeríak, de tributo a Junkera, coa actuación da Banda das Crechas e convidados.
O sábado, 24 de setembro, haberá unha gran xornada musical aberta ao público na Praza de Mazarelos. Ao longo de todo o día por este escenario pasarán propostas como o afrobeat dos galegos Macheta Suprah Sound, o coñecido DJ Floro do programa “Sonideros” de Radio 3, a nova proposta Maricarme, o grupo entre o folk e a electrónica de Antía Ameixeiras, Cibrán Seixo e Migui Carballido ou Mundo Prestigio, a banda que acompaña habitualmente ao músico Carlangas.
O amplo programa do Festival Maré completarase coa fermosa proposta marroquí Aïta mon amour, que rescata a tradición musical das mulleres cantantes e curandeiras que ven desde o século XII, a música improvisada de Molimo, a banda impulsada pola profesora e creadora Chefa Alonso ou o contundente ska-reagge de Brinkadelia Troup. Seguindo coa liña de fusionar artistas e agrupacións locais, o músico multiinstrumentista Abraham Cupeiro, actuará na Praza da Quintana coa Banda Municipal de Santiago. Cupeiro presentará o proxecto Pangea, gravado coa Royal Phliarmonic de Londres nos estuos Abbey Road.
Ademais de diversas prazas e espazos da cidade, as actuacións de Maré terán lugar no Teatro Principal, no Salón Teatro ou na Sala Capitol.
Todas estas propostas súmanse ás xa anunciadas, que compoñen os pratos fortes de cada un dos días de Maré. O mércores, 20, terá lugar a apertura no Auditorio de Galicia, con Amancio Prada e a Real Filharmonía de Galicia, estreando a versión sinfónica dos seis poemas galegos de Lorca. O xoves, 21, chegará a enerxía da brasileira Bia Ferreira e o galego O Rabelo á sala Capitol, o venres 22, a actuación do británico Don Letts Dj Set, unha figura cercana a The Clash que foi determinante na entrada dos ritmos reagges e no movimento punk. Como previo á súa actuación, proxectarase o mesmo venres 22 ás 18,30 horas na facultade de filosofía o filme “Rebel Dread”, de William E. Badgley, arredor da influencia de Letts no movimento punk. Os privilexiados que asistan poderán manter un encontro con esta lenda da música. A proxeción terá lugar na Facultade de Filosofía coa colaboración do Cineclube Compostela. Por último, o domingo 24 de Setembro, pechará o festival a espectacular banda de salsa Alexander Abreu e Havana D´Primera, un dos grandes da música cubana actual.
Todo o programa completo por días, lugares e horarios, así como a venda de entradas, poden consultarse na web maré.gal.

Festival Maré