O proxecto eTwinning e as metodoloxías colaborativas melloran a educación e axudan a combater o despoboamento
Na súa intervención este docente subliñou que o uso e o aproveitamento das TIC permite ampliar a socialización e, por ende, constitúe unha ferramenta para sortear algunhas das problemáticas que presentan neste plano os centros educativos máis illados, así como aqueles que están en áreas despoboadas.
Acompañado do presidente de Forinnova lite, o tamén profesor da USC Pablo Muñoz Carril, e do vicedecano da Facultade de Formación do Profesorado da USC, Santiago López Gomez, Fuentes Abeledo salientou a fonda pegada que de sempre tivo o centro universitario lugués e a súa contorna na innovación educativa. As experiencias de novas metodoloxías educativas inspiradas nos postulados da Institución Libre de Ensinanza implantadas na segunda metade do século pasado no Colexio Fingoi de Lugo ou mesmo a Granxa Barreiros dan conta do espírito innovador que agromou da Facultade de Formación do Profesorado da USC, que deu continuidade no tempo a este labor coa publicación de traballos e mesmo de guías didácticas sobre o parque Rosalía de Castro e, máis recentemente, coa implantación do mestrado en Dirección de Actividades Educativas na Natureza, a iniciativa de Uxío Otero Urtaza.
As verbas de Fuentes Abeledo na apertura de Forinnova lite están totalmente aliñadas cos obxectivos e coa temática das sesións incluídas no programa dunhas xornadas promovidas desde o centro universitario lugués xunto cos grupos de investigación MESTURA e GEFIL da USC. De feito, o cometido que pretende Forinnova lite é o de mellorar e ampliar competencias a través do coñecemento dos proxectos socioeducativos eTwinning baseados en metodoloxías activas, inclusivas e colaborativas, dixo Muñoz Carril, ao tempo que manifestou o seu agradecemento a todas as entidades colaboradoras, así como ao numeroso público presente no salón de actos do centro.
Concibido como un espazo para a creación de ideas, o establecemento de sinerxías, o intercambio construtivo de opinións, ademais de para adquirir, mellorar e/ou ampliar competencias, o programa de Forinnova lite comezou cun panel de expertos, coordinado por Isabel Dans Álvarez de Sotomayor, no marco do que se abordaron proxectos eTwwining desde unha óptica colaborativa, inclusiva e innovadora. De seguido, Iris Estévez, do grupo Esculca, guiou unha palestra de presentación de iniciativas de boas prácticas docentes con profesorado español e portugués de diferentes niveis educativos, así como un obradoiro para o deseño de proxectos colaborativos internacionais eTwinning. O programa de Forinnova lite continou en quenda de tarde coa celebración de obradoiros para o deseño de proxectos eTwinning por equipos, que logo puxeron en común as súas respectivas achegas.
A organización deste evento conta co apoio organizativo de diversas institucións colaboradoras nacionais e internacionais: UNA (Universidad Nacional de Costa Rica) e a Escola de Educaçao Superior Paula Frassinetti de Oporto (Portugal). Igualmente, o evento conta con importantes institucións como o Forum Europeo de Administradores da Educación (FEAE), a Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED-Lugo), Instituto de Ciencias da Educación (ICE), Algar, IES Poeta Díaz Castro, Concello de Lugo e o servizo Nacional de Etwinnig España.

Universidade de Santiago de Compostela (USC)