Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Intersección reúne na Coruña a gañadores do Goya e a grandes talentos internacionais

Este venres, ás 20.30h no Teatro Colón, da man dos gañadores dos Goya Laura Ferrés e Alberto Vázquez, xunto a Ángel Suanzes, terá lugar a actividade "Os Goya desde dentro" na que poderemos coñecer as reviravoltas da organización dos premios.

O broche final do festival será o sábado 21, ás 21.30 h, no Teatro Colón, coa entrega de premios desta 6ª edición. David Fidalgo será o mestre de cerimonias dunha gala na que se outorgarán 12 premios valorados en máis de 10.000 €. A artista galega Su Garrido Pombo poñerá música a esta festa do audiovisual. A entrada é gratuíta ata completar aforo.

Visita de Roee Rosen desde Israel. Esta fin de semana poderemos gozar da obra do artista israelí Roee Rosen, coñecido polo seu traballo multifacético e provocativo que a miúdo desafía as divisións entre historia e o presente, documental e ficción, política e erótica. Na súa obra sempre foi crítico coa situación política e territorial que atravesa o seu país. A súa visita supoñerá unha ocasión especial para analizar as súas películas e conversar con el sobre os motivos que levaron a este momento en ambos os lados. Os horarios están dispoñibles en www.interseccion.gal

Para concluír esta semana repleta de filmes, o festival dedica as súas últimas sesións ao director inglés Nicolas Gebbe e á galega Carme Nogueira. Gebbe centra a súa obra no mundo dos espazos 3D e a creación dixital. Pola súa banda, Carme Nogueira ofreceranos unha perspicaz visión do seu traballo a través dunha sesión na que compartirá o seu proceso creativo coa audiencia a medida que se repasa a súa obra.
Intersección - Festival Internacional de Cinema da Coruña